Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A LITERATURA GALEGA FÓRA DAS NOSAS FRONTEIRAS

“Unha novela excepcional escrita por un autor excepcional”, así gaba a prensa inglesa a Manuel Rivas

Quince días despois de presentar en Londres a tradución de 'Os libros arden mal', as primeiras críticas especializadas veñen cheas de aplausos.

Redacción - 11:50 12/03/2010

Hai apenas dúas semanas Manuel Rivas viaxaba até Londres para presentar a tradución ao inglés da novela 'Os libros arden mal' (publicada en galego en 2006). As primeiras críticas non poden ser mellores. Un bo exemplo podémolo ler este venres no xornal The Independent, un dos xornais ingleses máis prestixiosos. Nas súas páxinas literarias, Amanda Hopkinson, profesora da Universidade de East Anglia, non dubida en cualificar a novela do escritor coruñés como “excepcional” e afirma que brilla con luz propia entre os innumerábeis textos literarios que teñen como asunto de fondo a Guerra Civil española.

'Os libros arden mal' véndese dende o mes pasado nas librarías inglesas baixo o título de 'Books Burn Badly'. A obra foi traducida do galego ao inglés por Jonathan Dunne.


4,85/5 (27 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: