Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Logo do cambio de partido de Eladio Fernández

O PSdeG culpa a Feijoo de avalar a "cloaca política de Galiza"

Os socialistas reclámanlle a Baltar que deixe a vicepresidencia do Parlamento e acúsano de "comprar miserias humanas".

Redacción - 18:30 12/03/2010
O PSOE avisa de que se coñecerá en breve a verdadeira razón pola que Fernández (na imaxe) cambia de partido

O PSOE avisa de que se coñecerá en breve a verdadeira razón pola que Fernández (na imaxe) cambia de partido

"Lamentablemente en próximos días descubriremos feitos que deixarán claro por que Eladio Fernández ingresou nas filas do PP", insinuou esta sexta feira Mar Barcón, voceira do PSdeG. En relación á fichaxe do ex vicesecretario da executiva do PSdeG ourensán, a portavoz socialista acusou o presidente do PPdeG provincial, Xosé Manuel Baltar, de "comprar miserias humanas".

Ao fío, Barcón demandoulle ao presidente do PP en Galiza, Alberto Núñez Feijoo, que force a dimisión de Baltar como vicepresidente do Parlamento de Galicia. En opinión dos socialistas non pode seguir ostentando un posto na máxima institución de representación do país quen "converteu a política ourensá nunha cloaca". "Mercadear coas miserias humanas non pode ser a maneira de comportarse de quen se senta na mesa do Parlamento", insistiu. "Ninguén ten dereito a converter a política do PP de Galicia e do PP de Ourense na cloaca da política española", engadiu a portavoz socialista, para quen o acontecido é exemplo dunha imaxe "que hai que desterrar da política".


4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: