Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións lexislativas

Vitoria en Colombia para a coalición de Uribe

Á espera dos resultados definitivos, o Partido de La U, do presidente Álvaro Uribe, e o seu aliado o Partido Conservador, terían maioría nas dúas cámaras.

Redacción - 09:00 15/03/2010

Un total de 102 senadores e 166 congresistas se elixían esta fin de semana en Colombia, onde a coalición que mantén a Álvaro Uribe no poder xa contaba cunha ampla maioría no Senado (68 escanos) e no Congreso (107 deputados).

E á luz dos primeiros datos que se coñecen, a correlación de forzas manteríase favorábel a Uribe, xa que o seu partido tería perto do 25% dos votos e atrás del a formación máis votada sería a súa aliada Partido Conservador, tamén con máis do 20% do total de apoios.

A outra incógnita desta xornada por resolver son as eleccións primarias no Partido Conservador para decidir a candidatura aos próximos comicios presidenciais. Felipe Arias saía como favorito diante da ex ministra de Defensa Noemí Sanín. A formación uribista xa definiu a Juan Manuel Santos como candidato a relevar o actual presidente no poder.


3.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: