Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Consello de ministros

A UE reclama control do gasto público pero adía a fiscalización dos fondos especulativos

A Comisión Europea fai unha chamada de atención ao goberno español. Mentres, a posición británica atranca o proxecto de regulación dos hedge funds.

Redacción - 09:00 17/03/2010

A lenta reestruturación do sistema financeiro é unha das eivas que a Comisión Europea lle atribúe ao escenario económico no Estado Español. A Comisión tamén repara criticamente de xeito especial no estado das contas de gobernos autonómicos e municipais. Segundo o documento ao que tivo acceso o xornal económico Expansión, a Eurocomisión considera ademais que o executivo estatal non concretou como debera o seu plan de austeridade e agoira incertezas sobre a evolución da economía a partir de 2011.

Por outro lado, o Consello de Ministros de Economía e Finanzas pechaba sesión este martes coa decisión de aprazar a votación do proxecto de directiva co que se pretenden regulamentar os fondos especulativos. A fiscalización dos chamados hedge funds bateu principalmente co rexeitamento da delegación do goberno do Reino Unido. Deste xeito, con probabilidade non sería até pasadas as próximas eleccións británicas cando os ministros europeos do ramo volvan tratar este asunto, se cadra a mediados do próximo mes de maio. Mentres, seguirán sen existir criterios mínimos de control para a actuación destes fondos manexados fundamentalmente a través de paraísos fiscais.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: