Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conferencia tamén en Lugo

Como paliar as consecuencias dun conflito desigual: Palestina

Unha palestra da directora de proxectos do Comité español da UNRWA abordará esta cuarta feira en Cambre o conflito no territorio palestino.

Redacción - 09:55 21/03/2010
A UNRWA axuda tamén na educación

A UNRWA axuda tamén na educación

Palestina: o conflito desigual e a paliación das consecuencias é o título da xornada que se desenvolverá esta cuarta feira en Cambre (A Coruña) sobre o conflito no territorio palestino, organizada polo Igadi, polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e polo Concello de Cambre no Centro Sociocultural do Graxal.

Abordarase a cuestión desde dúas perspectivas: por unha banda, "a complexidade do conflito entre Israel e Palestina", e pola outra, o traballo do Comité Español da Axencia das ONU para os Refuxiados de Palestina (UNRWA) co apoio de municipios do país e da Xunta.

Cal futuro para Palestina?
, a cargo do analista do Igadi e colaborador de Vieiros, Roberto Mansilla, será a primeira das palestras. A segunda, A UNRWA en Palestina: os proxectos apoiados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade”, será ofrecida por Carmen Quintana Gundín, directora de proxectos do Comité español da UNRWA.

Xornada en Lugo

Esta segunda palestra repetirase ao día seguinte, organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade -onde o Igadi ocupa a secretaría xeral- xunto coa Deputación de Lugo e voluntarios da cidade, no local social de Caixa Galicia, ás 19.30 horas en Lugo.

O Igadi asinou un convenio marco coa UNRWA o 19 de xullo de 2006, polo que o instituto de análise internacional foi recoñecido como "centro de referencia" da axencia das Nacións Unidas en Galiza.

En virtude deste acordo, elabora periodicamente diversas actividades co fin de sensibilizar a sociedade galega sobre a problemática da poboación civil nos territorios palestinos militarmente ocupados por Israel.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: