Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
“AS IDEAS DISCÚTENSE, NON SE ENCADEAN”

O cantautor Pablo Milanés amosáse crítico coas penas a disidentes cubanos

Coñecido defensor da Revolución, subliña que sempre foi libre á hora de expresarse e sinala que non comparte "a actitude do goberno cos contestatarios".

Redacción - 13:03 19/03/2010
Pablo Milanés

Pablo Milanés

Pablo Milanés, unha das figuras máis salientábeis da música cubana das últimas décadas, sinalou este venres que non comparte “a actitude do goberno cos contestatarios”. Milanés, coñecido defensor da Revolución cubana, lembrou que xa en 2003 se negou a subscribir unha carta de intelectuais que xustificaba a prisión de 75 intelectuais críticos co sistema porque consideraba que a cadea non era o camiño á hora de tratar os disidentes. “As ideas discútense e combátense, non se encadean”, xa tiña dito publicamente o cantautor hai poucas semanas.

Milanés, que está de xira polo Estado Español, respostou así a preguntas dos xornalistas. A continuación puntualizou que non teme ningún tipo de represalias e deixou claro que “hai moitos anos que veño criticado abertamente o que ao meu xuízo se fai mal no meu país e nunca sentín unha represalia contra a miña persoa e, moito menos, contra a miña familia”.

O cantautor volveu a reiterar que o modelo socialista cubano segue a ser válido pero que son precisas reformas, como as xa apuntadas por Raúl Castro, pero que estas non dan chegado.


4,23/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: