Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SKA-PUNK

Realidades Alienantes, por Dakidarría

Este xoves sae á venda o terceiro disco do grupo do Val Miñor, un traballo co que se rebelan contra o capital en tanto que culpábel da alienación social.

Redacción - 18:30 29/03/2010

Reflexión sobre o mundo no que vivimos. Esta é a proposta que nos fai Dakidarría no seu terceiro disco, que sae á venda este xoves 1 de abril. Baixo o título de “Realidades Alienantes”, o grupo do Val Miñor ofrécenos a primeira metade dunha obra que se completará co lanzamento, dentro duns meses de “Utopías emerxentes”.

A idea é presentar dous discos antagónicos, dúas propostas sonoras para a reflexión, que amosan a súa resposta ante o “descontento e frustración de vivir nunha sociedade na que o poder, o capital, se adica a alienar a cidadanía, a asasinar a ideoloxía”. Así o explican no vídeo da gravación do disco, no que nos presentan o proceso de elaboración do seu último traballo, unha nova fusión dos seus sinais de indentidade: o ska, reggae e punk-rock.

Este disco vense a sumar a “Fragasaurus Rex” (Síndrome discos, 2005) e “El futuro nunca existió” (Santo Grial, 2008), os seus anteriores discos, cos que actuaron tanto en pequenas salas como grandes festivais. Agora, convídannos a achegarnos até o seu próximo concerto, o 23 de abril na Sala Caracol, en Madrid.


4.6/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Vídeo: Diario de gravación do novo disco: Realidades Alienantes

Vídeo 2: Segunda entrega do Diario de gravación