Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
A CORUÑA

Admitido a trámite o recurso contra a retirada da estatua de Millán Astray

O Xulgado do Contencioso Administrativo estima a petición feita pola filla do fundador da lexión, que entende que o monumento non exalta o franquismo.

Redacción - 12:13 31/03/2010
Momento da retirada do monumento, na Coruña

Momento da retirada do monumento, na Coruña

Peregrina Millán-Astray Gasset defende que a estatua do seu pai “nin exalta a sublevación militar, nin a Guerra Civil nin a represión da ditadura de Franco”, senón que “a única razón pola que foi levantada en 1970 foi exclusivamente o de homenaxear á lexión, un corpo en activo a día de hoxe e integrado nas Forzas Armadas”. En consecuencia, entende que a súa retirada obedeceu a unha desmedida e esaxerada aplicación da Lei da Memoria Histórica, que só sería de recibo se a estatua “honrase” o activismo golpista do fundador da lexión.

Agora, segundo adianta o xornal coruñés La Opinión, o Xulgado do Contencioso Administrativo número 3 da Coruña admitiu a trámite o seu recurso interposto contra a retirada do monumento. É o segundo intento que fai Peregrina Millán-Astray, logo de que tamén presentase un recurso de reposición contra o acordo do Concello de retirar a estatua que non foi atendido. Similares argumentos foron aducidos tamén pola Asociación de Veteranos da Lexión na Coruña, que tamén recorreron a retirada da efixie de Astray.

A filla reclamara agora a reposición do monumento, o nome da praza e o recoñecementos das honras concedidas ao fundador da lexión. Segundo o bufete de avogados que leva o caso (Urbaleja Abogados, dirixido por Ignacio Menéndez González-Palenzuela), nun ano podería haber unha resolución definitiva. Estes recursos súmanse a outros presentados polo PP da Coruña e por descendentes doutros colaboradores de Franco contra a retirada da simboloxía franquista que aínda se mantén na cidade. 


1/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: