Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Política agraria

A Xunta reformará o Banco de Terras para que a xente non lle teña "medo"

Un anteproxecto prevé disolver a sociedade xestora de Bantegal e suprimir o dereito de adquisición preferente das parcelas pola Administración.

Redacción - 19:00 09/04/2010

A Xunta pretende agora que o Banco de Terras sexa "atractivo" e que a xente "deixe de terlle medo". Así o afirmou o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, na comisión parlamentaria de Agricultura. O anteproxecto sobre a reorganización de organismos dependentes da súa dirección xeral, que está en fase de elaboración, pretende disolver a sociedade xestora de Bantegal e adscribilo como subdirección da Axencia de Desenvolvemento Rural (AGADER).

Crespo asegurou que "a experiencia demostra que esta medida intervencionista causou rexeitamento a Banco de Terras e non era viábel", polo que anunciou que se derrogarán os dereitos de adquisición preferente da Administración sobre as leiras. Outro dos anteproxectos pretende mellorar a dinamización na mobilización das terras para redimensionar as explotacións, de xeito que se poidan incorporar ao Banco de Terras tamén terreos destinados a usos forestais ou de conservación da natureza. Así mesmo, poderanse unir terras en áreas urbanas que teñan "clara vocación" de uso agrario.

A pretensión de Medio Rural é dotar o Banco de "instrumentos técnicos e humanos para facelo máis atractivo" e "sacarlle o medo á xente" sobre o seu funcionamento, "garantíndolle a súa propiedade" ao rematar o contrato.

O anteproxecto aínda está a ser sometido aos órganos consultivos da Xunta, trámite que tamén deberá pasar o relativo á mobilización de terras. Despois pasarán ao Consello e logo ao Parlamento, cunha diferenza prevista de dous meses entre os dous textos.

Crespo respondeu a unha pregunta da deputada popular Emma Álvarez, quen opinou que "algo falla" no Bantegal cando ten incorporadas 3.200 hectáreas entre 8.200 parcelas, mentres das 11 mil explotacións leiteiras do país só se benefician do instrumento o nove por cento.


1/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: