Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
XXV EDICIÓN

Pablo Carpintero e Domingo Villar gañan o Losada Diéguez

Recibirán o premio o vindeiro 13 de xuño nun acto previsto no pazo da familia Losada, en Moldes (Borborás).

Redacción - 12:00 27/04/2010

O xurado da vixésimo quinta edición do premio Antón Losada Diéguez decidiu outorgar os galardóns a Pablo Carpintero Arias, no eido de investigación e ensaio, e a Domingo Villar, en creación literaria.

O primeiro resulta premiado polo seu traballo “Os instrumentos musicais na tradición galega”, unha obra da que o xurado destacou “a súa singularidade ao recuperar un mundo que se está a perder e que abarca todo o dominio lingüístico do galego” e que “é unha contribución singular para salvagardar o noso patrimonio material e inmaterial”, que resulta “amena e adsequíbel para todo tipo de públicos”.

No caso de Domingo Villar, a premiada é a súa novela “A praia dos afogados”. O fallo destaca “a súa excelente construción narrativa, que desenvolve unha trama chea de ritmo que atrapa o lector”, así como “a solidez dos personaxes, en particular do inspector Leo Caldas”. Asemade, subliña a gran capacidade do autor para atraer novos públicos á literatura en galego.

Os gañadores recibirán cada un seis mil euros e un diploma, nun acto que se celebrará o vindeiro domingo 13 de xuño no pazo da familia Losada, en Moldes (Borborás).


4,4/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A entrega dos galardóns celébrase no Pazo dos Losada-Diéguez, en Moldes
A entrega dos galardóns celébrase no Pazo dos Losada-Diéguez, en Moldes
Domingo Villar e Pablo Carpintero, gañadores da XXV edición do premio
Domingo Villar e Pablo Carpintero, gañadores da XXV edición do premio