Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Memoria histórica

Xenocidio galego, xenocidio esquecido

Vigo acolle este venres un acto, coincidindo coa presentación ante os tribunais arxentinos de datos de máis de cinco mil represaliados galegos polo franquismo.

Redacción - 13:00 30/04/2010
Xenocidio galego / Foto: vigoblog

Xenocidio galego / Foto: vigoblog

O avogado Gustavo García achegará este venres nos xulgados de Bos Aires os datos de máis de cinco mil represaliados galegos que se unen á querela presentada o pasado 14 de abril contra os crimes da ditadura de Francisco Franco, baixo o paraugas da Fundación Galega contra a Impunidade.

Os informes, que serán entregados ás 12.30 horas de Arxentina, recompilan casos de asasinatos, torturas e detencións ilegais, entre outros, cometidos durante máis de 40 anos, que tamén inclúe denuncias particulares -perto dunha vintena até o de agora.

O obxectivo é que os tribunais arxentinos apliquen o principio de xurisdición universal ante delitos de xenocidio ou lesa humanidade, ao igual que no caso das ditaduras en Arxentina e Chile actuou a xustiza española.

No acto participarán: Liga Argentina por los Derechos del Hombre; Servicio Paz y Justicia, de Pérez Esquivel, que estará presente; Madres de Plaza de Mayo Linea Fundadora, coa súa presidenta, Nora Cortiñas, de orixe galega; Abuelas de Plaza de Mayo, coa súa presidenta, Estela de Carlotto; Asociación de Ex-detenidos Desaparecidos; Partido Comunista Arxentino, co seu secretario xeral, Patricio Echegaraym; Eduardo Blanco, actor arxentino de orixe galega; Ignacio Copani, cantautor; Federación de Asociacións Galegas na Arxentina, co seu presidente, Paco Lores.

Entre os colectivos que apoian a querela, encabezada por Nova Esquerda Socialista, están a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do 36 de Vigo, a Asemblea Republicana Viguesa ou Esculca.

Concentración en Vigo, este venres pola tarde

Ao tempo, ás 20.30 horas, está convocada unha concentración na Praza da Princesa de Vigo, que contará con actuacións musicais e lectura de manifestos, e na que participaran persoas relevantes da cultura e da política do noso país.

"Queremos meter na cabeza da xente que somos todos vítimas do xenocidio galego, os armenios teñen o problema de que o seu xenocidio non o recoñecen os turcos. O noso é peor, o noso xenocidio non o recoñecemos nin nos mesmos", comenta Gustavo García.


5/5 (25 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: