Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Prémio PrimeirOlhar

Viana do Castelo premia o mellor documentario feito por alumnos de ensino superior de Portugal e Galiza

Desde este domingo e durante unha semana, desenvólvese na localidade ao sur do Miño a 10ª edición dos Encontros de Cinema e Vídeo.

Redacción - 10:30 01/05/2010

Viana do Castelo acolle a 10ª edición dos Encontros de Cinema e Vídeo que se desenvolverá na localidade ao sur do Miño desde este domingo até o 9 de Maio, e onde se proxectarán perto de 80 filmes cunha clara aposta polo cinema documental.

'Ao Norte', asociación organizadora do certame, avanzou que o festival terá unha sección competitiva, Prémio PrimeirOlhar, para premiar o mellor documentario realizado por alumnos do ensino superior de Portugal e da Galiza, informan medios locais. Ademais, haberá catro talleres que contarán coa presenza de realizadores, directores de fotografía e profesores.

Na sección Filmes Premiados serán exhibidas películas que marcaron a edición dos Óscares deste ano. Na sección Filmes Falados haberá debates no final das sesións sobre a temática dos filmes exhibidos, coa participación de expertos en temas como a emigración, a adolescencia e as diferenzas.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: