Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sentidiño e criterios pedagóxicos

"Coa colaboración de todos", a prol da lingua na escola

Catro organizacións sindicais unen voz nunha campaña a prol do galego para a comunidade educativa a través dos consellos escolares.

Redacción - 13:45 02/05/2010

CIG-ENSINO, CCOO-ENSINO, FETE-UGT e STEG acaban de poñer en marcha unha campaña conxunta dirixida aos Consellos Escolares dos centros escolares do país. As catro organizacións sindicais unen forzas e achéganlle á comunidade educativa un documento de adhesión ao acordo do Consello Escolar de Galicia, do día 7 de abril, en que se acordou por maioría do Consello pedir a devolución do borrador do chamado pola Xunta 'Decreto do Plurilingüismo'.

A iniciativa parte do común convencemento de que é necesaria a "colaboración de todas e todos" na comunidade educativa para virar unha situación que é exemplo de deterioro da calidade do ensino. A falta de criterios pedagóxicos posta en xogo polo Goberno no impulso desta norma é para os sindicatos evidencia dun problema diante do cal é necesario posicionarse a pé de cada un dos centros escolares do país.

A campaña convida os consellos escolares a adherirse á análise que o propio Consello Escolar de Galicia maioritariamente acordou no seu pleno do pasado 7 de abril e expresaren o seu rexeitamento ao "decretazo". Entre outras, as razóns esgrimidas son que a norma "empeora a xa de por si deficiente, competencia lingüística en galego, que se impide a tarefa normalizadora do profesorado tratando por igual a dúas linguas que están en situación de desigualdade ou que se desvaloriza a función docente e a súa profesionalidade ao permitir que as familias decidan o que debe ser obxecto de decisión polo profesorado, "o verdadeiro coñecedor da realidade do alumnado e quen ten a formación necesaria". "Abre a porta a creación de numerosos conflitos nos centros, que antes da aplicación desta norma non existían", avisa o documento, recordando finalmente que se trata dunha norma contraria ao consenso parlamentario do Plan de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galicia en 2004.


5/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: