Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Xuntanza do Foro Peinador

Promovendo a lingua como "factor de cohesión" da empresa cos traballadores e consumidores

O colectivo normalizador realizou esta fin de semana un novo acto de promoción do galego no eido empresarial.

Redacción - 09:00 03/05/2010

Un novo encontro con empresarios para animalos a incorporar a lingua galega nos usos comerciais foi apadriñado esta fin de semana polo Foro Enrique Peinador. Desde o colectivo salientan a vontade positiva de todos os participantes en favor das propostas concretas que a asociación lles trasladou. Iniciativas prácticas para garantirlle á lingua galega maior presenza nas páxinas web, etiquetaxe, rotulación interior dos centros fabrís, publicidade, relación coas institucións públicas e provedores, e nas relacións laborais (nóminas do persoal e convenios colectivos).

As empresas participantes subscribiron as teses do colectivo, que sostén que a lingua é un factor de cohesión da empresa cos traballadores e consumidores, "ao tempo que reforza a imaxe corporativa e comercial dos produtos nos mercados mesmo internacionais".

Doutra banda, o Foro asinará proximamente un convenio coa Universidade da Coruña para celebrar unhas xornadas sobre “investigación e empresa” coa gallo do 110 aniversario do nacemento do intelectual galeguista, investigador e empresario, Isidro Parga Pondal. Por outro lado, tamén está a preparar unha campaña de publicidades para sensibilizar os consumidores na preferencia polos produtos etiquetados en galego, e para estimular a inclusións nos textos dos convenios colectivos as cláusulas dos dereitos lingüísticos, aprobados no seu día polo Consello Galego de Relacións Laborais.

Acudiron á cita desta volta José A. Casais, presidente de FEIRACO, José Manuel Chousa, director xeral de INGAPAN, José Otero, director xeral do GRUPO POUSADAS DE COMPOSTELA, Mario Cardama, director xeral de “Astillero y Varadero Cardama”, Jorge Lamdeira, director de Carbónicas Landeira, Gerardo García Albela, director xeral de ITELSIS, Juan José Jaén, presidente de BRICOKING, Francisco Novoa, director xeral de GRUPO ACADEMIA POSTAL Casián García, director xeral de CELTIC ESTORES, Anibal Blanco, director de “Anibal Blanco,S.L”, Francisco Teira, director de BENBOA, Manuel Rial, presidente de SEGURIDADE A1, Montserrat Maceira, directora de GRANITOS MACEIRAS.

Máis información na web Galeguizar Galicia.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: