Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Entrevista en Radio Euskadi

Rosa Díez considera unha "montaxe" a reacción polo 'gallego peyorativo'

Cuestionada sobre a polémica arredor das súas palabras despectivas, a líder de UPyD evita de novo desculparse e insinúa unha campaña na súa contra.

Redacción - 12:30 18/05/2010
A política española Rosa Díez

A política española Rosa Díez

"Vaia a que se montou en Galiza co do gallego peyorativo", comentáballe este martes pola mañá o xornalista de Radio Euskadi e antigo colaborador de Vieiros, Dani Álvarez, a Rosa Díez. "Vaia a que algúns montaron" retrucáballe a líder de UPyD ao entrevistador, galego das Pontes.

Lonxe de manifestar arrepentimento ou sentir remorsos polas súas palabras despectivas cara aos galegos, a política española insinuaba unha campaña na súa contra. "Pedíronlle rectificar e vostede non quería ...", apúxolle Dani Álvarez. "Non, eu creo que foi unha montaxe", respondeu laconicamente a aludida.

Corte de perto de medio minuto en que fai referencia á suposta "montaxe":




1.17/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: