Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
25 de maio

Se estás 'orgulhoso', saca a 'toalha'

A cantante Ugia Pedreira 'amadrinha' o IV Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata - X Dia Internacional da Toalha que se celebra esta terza feira en Compostela.

Redacción - 09:00 25/05/2010
Ugia Pedreira, a 'madrinha' deste ano

Ugia Pedreira, a 'madrinha' deste ano

E de que vai todo isto do Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata - Dia Internacional da Toalha, que se celebra anualmente desde 2006 na capital do país? Explícano no blog Ddooler2010 (evidentemente, en galego reintegrado):

"A toalla é o símbolo da festa por un duplo motivo. O primeiro, que moitas persoas tomaron contacto coa variante portuguesa da nosa lingua indo mercar toallas a Valença do Minho e outras localidades do norte de Portugal".

"O segundo, que foi un 25 de Maio cando se estreou O Guia do Mochileiro das Galáxias, de Douglas Adams, no cal se mencionaba a "toalla" como elemento imprescindíbel de todo aventureiro... motivo polo cal os seguidores de Adams crearon o Dia Internacional da Toalha".

Logo, está claro, non? Esta terza feira é 25 de maio e polo tanto e día de festa. As persoas defensoras da unidade lingüística galego-portuguesa están convidadas a se concentraren na Praza do Pan (Cervantes) de Compostela, a partir das 20.30 horas, para escoitaren o discurso que dará a cantora Ugia Pedreira.

E por que Ugia Pedreira? Porque cada ano é costume contar cun padriño que neste caso será madriña. Na edición de 2009 foi o artista e dramaturgo Quico Cadaval, acompañado da actriz Comba Campoy. Nesta ocasión será a membro do grupo Marful, acompañada da concertista Olga Nogueira.

O ano pasado, participaron arredor de cen persoas, mais da 'organizaçom' lembran a importancia de participar levando "umha toalha".


4/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: