Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INICIATIVA NO PARLAMENTO

En tempo de crise: as deputacións sobran?

O BNG volve propoñer a supresión dos organismos provinciais. No noso país as catro institucións suman un orzamento de 560 millóns de euros.

Redacción - 13:30 25/05/2010

No Estado Español as deputacións provinciais funcionan dende 1836. A función dunhas institucións decimonónicas na actualidade púxose en cuestión en reiteradas ocasións e o nacionalismo capitaneou sempre a demanda da súa desaparición. A duplicidade de gasto cos concellos, un sistema de elección democrático indirecto ou mesmo a 'artificialidade' histórica das provinciais como figura territorial, son algunhas das principais críticas. En 2010, a suma dos orzamentos da catro deputacións galegas suma 560 millóns de euros. Boa parte dos recursos destínase ao gasto corrente e outra a investimentos de apoio aos municipios.

O BNG anuncia unha proposición de lei para que o Parlamento de Galiza lle pida oficialmente ao goberno español a supresión destes entes. O deputado de defendela, Alfredo Suárez Canal, asegura que isto se traduciría na superación duns organismos "anacrónicos" e que se trasladaría á cidadanía "unha mensaxe de aforro económico e de recursos da administración, ao introducir racionalidade fronte ás actuais duplicidades".

A reforma é "constitucional e legalmente posíbel" e o BNG sinala que en caso de facerse os cidadáns "nin se decatarían, o que demostra a súa inutilidade". Máis en clave política, Suárez Canal lembra a "débeda histórica" con todos os galeguistas que traballaron a prol dunha organización territorial do país distinta.


4.64/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: