Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEDIO RURAL

A agricultura ecolóxica consolídase como alternativa

As explotacións medraron no pasado ano un 10% até chegar aos 477 produtores e a unha superficie total de máis de 15 mil hectáreas certificadas.

Redacción - 12:07 08/06/2010

A agricultura ecolóxica sitúase á vangarda do agro galego, consolidándose como un sector de futuro e unha alternativa real para o noso medio rural. Así se desprende dos últimos datos ofrecidos pola Xunta, que informa dun crecemento sostido no pasado ano do 10% das explotacións agrarias que optan por un sistema de cultivo e de gandaría máis sostido e natural. Esta estatística confirma a progresión deste sector, xa que o incremento é parello ao de 2008.

A día de hoxe, están censados en Galiza un total de 477 produtores que apostaron claramente por eliminar aditivos artificiais para o terreo ou pesticidas para as plantas, que escolleron unha alternativa que non esgote o chan e, en xeral, que afecte no mínimo ao medio ao tempo que ofrece produtos máis naturais. En total, a Consellaría de Medio Rural cifra a superficie total certificada en máis de 15 mil hectáreas. En cifras, o volume de negocio estimado desta actividade superou en Galiza os 14 millóns de euros.

Na inauguración dunhas xornadas sobre a produción ecolóxica que este martes se celebran en Compostela, o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, adiantou que “as perspectivas de futuro para a agricultura ecolóxica son moi favorábeis” e asegurou que “é un modelo produtivo a ter en conta como referencia para todo o sector alimentario”.


3.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: