Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Feixe de eloxios

Afagos internacionais para Batuko Tabanka

A calidade musical do disco sacado á luz polo grupo das caboverdianas de Burela recibe os parabéns da crítica especializada.

Redacción - 09:30 19/06/2010

Unha das pezas do traballo musical Djunta mô, das caboverdianas-burelás de Batuko Tabanka formará parte do próximo cd recopilatorio da prestixiosa publicación británica fRoots. O grupo galaico-africano estará así nunha peneira musical internacional que incluirá 35 temas.

Trátase dunha selección que esta revista vén realizando desde hai anos de entre os artistas recomendados ao longo do ano e que gañou o respecto entre os afeccionados, crítica e radios especializadas de todo o mundo. Batuko Tabanka estará así nun CD que, ano a ano, está a converterse en esperada peza de coleccionista.

E non é o único afago para o grupo, xa que o recentemente finado Charlie Gillet, alma do lendario programa World on 3, da emisora radiofónica da BBC, eloxiou tamén no seu momento o disco. Segundo relatan desde PAI Música, tamén Howard Male, colaborador do diario The Independent, da revista Songlines e do portal The Art Desk, contactou co grupo e publicará proximamente referencia a el nestes medios.


4,56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: