Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Festa en Touro

Folk in Río: "Eu Vou"

En tempo de crise, a Asociación Cultural Sobreiras do Ulla bota adiante o seu particular 'Plan F', "para o fomento do folk".

Redacción - 12:55 16/06/2010

Concurso de cantos de taberna, xogos tradicionais, maxia, artesanía... e sobre todo moitas ganas de armar festa. Desde a parte de Touro a asociación cultural As Sobreiras do Ulla convócanos á terceira edición do seu 'Folk in Río'. Como parte dos obxectivos da propia asociación, protexer a música galega, así como a lingua, a natureza, a artesanía ou os xogos tradicionais, a mocidade local argallou un programa de actividades ben variado.

O Folk in Río 2010 comeza ás 11:00h do domingo 20 de xuño co I Open de Billarda no campo da festa de Touro e nel participarán os mellores palanadores e palanadoras da LNB (Liga Nacional de Billarda). Dende as 12h ata as 15h. terá lugar o "I Concurso de Cantos de Taberna" polos bares da vila. Ao final do percorrido polas tabernas de Touro, todos os grupos cantarán unha peza no campo onde se desenvolve o festival, na Área Recreativa da Santaia. A continuación a festa desprázase ata a área recreativa do río Santaia Alí, a carballeira e os prados que rodean o río estarán transformados nun espazo ateigado de artesáns, de exposicións fotográficas, mostra de vellos oficios, etc. Un lugar onde se repoñerán forzas para continuar coa festa xa que haberá postos de polbo á feira, carne ao caldeiro, churrasco e outras viandas.

Chega logo o tempo dos xogos tradicionais: aros, os zancos, a chave, a ra, a corda, etc..., onde os máis veteranos recordarán a súa infancia e amosaranlle aos máis novos como se xogaba antigamente nas nosas aldeas. Deseguido, grandes e pequenos poderán gozar dun espectáculo de maxia e malabares a cargo de Roi, o Cagabolas.

E, ás 18h darán comezo os concertos do Festival FOLK IN RÍO, onde actuarán os seguintes grupos:


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: