Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA INTERNET

O xornal El Mundo pon en marcha unha edición para Galiza

No acto de presentación, que contou coa presenza de Núñez Feijoo, o grupo empresarial asegurou que pretende ser “un portal de referencia”.

Redacción - 14:00 24/06/2010

Dende este xoves xa está operativa en internet unha nova edición para Galiza do xornal español El Mundo. O grupo empresarial Unidad Editorial presentaba na tarde do mércores en Compostela a súa edición galega, que supón a apertura da oitava delegación do diario no Estado Español, nun acto presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e ao que asistiron diversas personalidades do ámbito político, empresarial e xornalístico.

Segundo adiantou un dos responsábeis da editora, Manuel Saucedo, a edición para Galiza da páxina web do xornal El Mundo, “Galicia 24 Horas” pretende “ser un portal de referencia onde os galegos de todo o mundo poidan informarse do que acontece na comunidade autónoma”. Pola súa parte, o presidente da Xunta felicitou a posta en marcha desta nova edición e subliñou que A Xunta de Galiza tamén aposta e apostará pola tecnoloxía.

El Mundo e Galiza
Até o de agora, o xornal El Mundo distribúese de balde con El Correo Gallego, despois dun acordo empresarial entre ambas empresas en xuño de 2001. Porén, anteriormente, o diario dirixido por Pedro J. Ramírez xa tiña unha edición propia para os lectores galegos. A edición en Galiza viviu en 2000 unha profunda crise que, nos corredores xornalísticos, se ten atribuído ao estreito control da liña informativa da edición por parte da dirección en Madrid do grupo empresarial.

En pleno apoxeo do PP en Galiza, ténselle reprochado a esta formación política un protagonismo importante nas presións á edición local do xornal que mantivo en diversos momentos unha ambiciosa liña informativa non pouco crítica con algunhas decisións do goberno hexemónico neses tempos. O conflito rematou co peche da edición, a liorta de ex traballadores nos tribunais e o paso da maioría a outros xornais do país.


1,36/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: