Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FUTURO LABORAL

As axudas ao carbón estatal fan perigar centos de traballos nas térmicas galegas

As subvencións que o goberno español quere pór en marcha até 2014 complica o negocio das centrais das Pontes e Meirama.

Redacción - 12:25 26/06/2010

Os traballadores das dúas centrais térmicas de carbón que existen en Galiza: Meirama (Cerceda) e As Pontes comezan a temer polo seu futuro laboral. A razón non é outra que a decisión do goberno español de subvencionar o carbón que se extrae nas minas do Estado Español (fundamentalmente en León e Asturias). Esta medida de carácter proteccionista prexuducaría o modelo de negocio das térmicas radicadas no noso país que usan carbón traído de fóra do Estado Español ao teren esgotado os xacementos propios.

A medida, que aínda non entrou en vigor, subvencionaría con 400 millóns de euros anuais(até 2014) o carbón estatal. As empresas Endesa (propietaria da térmica das Pontes) e Gas Natural Fenosa (da de Meirama) xa anunciaron que a decisión do goberno español complicaría a viabilidade das dúas factorías.

O Concello de Cerceda convocou un pleno urxente este mesmo sábado para aprobar unha moción na que se lle pide ao goberno español que non poña en marcha a medida xa que consideran que pode custar centos de postos de traballo em Galiza.

O goberno local lembra que só da planta de Meirama dependen case un milleiro de empregos, entre postos de directos e indirectos e que o golpe económico no municipio e na área limítrofe pode será moi notábel.

Traballadores do complexo térmico cercedense consultados por Vieiros confirmaron que existe certa preocupación sobre todo porque temen que as compañías aposten por recortes laborais, que afectarían especialmente ás empresas auxiliares.


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: