Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'Dance' galego

'Sen ti'

Dj Son1c, autor da peza 'A festa non vai parar', axita outra vez as pistas discotequeiras do país cun novo tema. Vídeos no interior.

Redacción - 12:45 07/07/2010
DJ son1c

DJ son1c

Saíu do forno o pasado 17 de maio, coincidindo co Día das Letras, e mes e medio máis tarde xa podemos confirmalo: 'Sen ti', o novo single botado ao aire polo Dj son1c converteuse nun novo éxito do respectado e admirado compositor e dj galego.

Outro éxito que chega logo de estoupar musicalmente os recintos discotequeiros do país co seu 'A festa non vai parar', peza que chimpou rapidamente ao máis alto da banda sonora de boa parte da mocidade festeira do país. Recordámoslles ademais que aquel tema foi elixido como representación estatal para o Eurodanceweb Award, festival que leva oito anos celebrándose en paralelo ao de Eurovisión e que neste caso peneira as mellores pezas dance a nivel europeo. Acompañado pola voz de Isis, os ritmos de Dj son1c volven con este 'Sen ti'. Lembrámoslles que poden velo na súa salsa os sábados na discoteca O Barranco, en Touro, alén das participacións que habitualmente fai en diversas festas de música electrónica.


5/5 (25 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: