Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O Fiscal do TSXG denuncia unha obra en Pontedeume

Despois de 4 licenzas anuladas por un xuíz, Pontedeume é de novo centro de atención polo urbanismo. O Fiscal do TSXG denuncia unha obra que os promotores levantaron sen aterse á licenza concedida

Enviada por Kropotkin Kropotkin o 16/07/2007 00:29

Por se o consideran de interese envíolles a noticia dunha denuncia que o Fiscal do TSXG tramitou a instancias od colectivo Fusquenlla de Pontedeume. Tamén lles adxunto foto da obra denunciada.


En decembro do 2004 foi concedida unha licenza a Juan Sampedro para construir na Av. do Ferrol un edificio de 18 vivendas. Posteriormente este proxecto cambiou a titularidade en favor de Lagares Álvarez, S.L. A empresa construtora foi Construeume, S.L. Estas dúas empresas teñen a sospeitosa autoría de case todas as obras que padecen algunha orde de paralización. Entre elas, a de Caldagueiro, sobre a que existen igualmente dous requerimentos da CPTOPT para paralizar as obras. Tamén Construeume levantou varias vivendas unifamiliares en Nogueirosa, declaradas ilegais pola mesma consellaría, así como o edificio da antiga Casa de D. Pablo, igualmente paralizado despois de múltiples denuncias de Fusquenlla.

A finais de 2004 comezou a levantaser na Av. do Ferrol un edificio que triplicaba o volume de habitabilidade. Das 18 vivendas concedidas, pasouse a 55. Para conseguir este prodixio de ampliación a obra aumentou a súa profundidade, pasando dos 15 m. que exixen as Normas Subsidiarias, aos 30 m. Como consecuencia foi invadido chan que ía destinado a viais públicos.

Os arquitectos directores do proxecto foron Ana Isabel Piñeiro Esperante, Ignacio Soto González e José Luis Rey Boullón.

Os promotores presentaron un estudo de detalle que foi denunciado no concello en xaneiro do 2005. Posteriormente se sucederon as denuncias que o colectivo Fusquenlla presentou contra esta obra, dirixidas ao concello, á Xunta de Galiza e ao Valedor do Pobo. Ningunha destas foi respostada por estas institucións

Só en febreiro do 2006, algo máis dun ano dende o primeiro escrito presentado, o Concello de Pontedeume optou por emitir unha orde de paralización por non se axustar á licenza concedida. Nunca se explicou o por que deste retraso en inspeccionar as obras, pero era evidente o favor que se lle estaba a facer aos promotores. En ningún momento se lles obrigou por parte do Concello á reposición da legalidade, é dicir, a demolición do construido ilegalmente.

Esgotados todos os medios para conseguir o acatamento da legalidade, o colectivo Fusquenlla decidíu poñer os feitos en coñecemento da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Esta, á vista dos informes obtidos, decidíu presentar unha denuncia ante o xulgado de Betanzos. Segundo o escrito presentado, a promotora procedeu a levantar un edificio que excedía da licenza urbanística concedida e ocupando previsiblemente chan destinado a viais, solos que en principio integran o artigo 319.1 do Código Penal:

"Imporanse as penas de prisión de seis meses a tres anos, multa de doce a vinte e catro meses e inhabilitación especial para profesión ou oficio por tempo de seis meses a tres anos, aos promotores, construtores ou técnicos directores que leven a cabo unha construción non autorizada en chans destinados a viarios, zonas verdes, bens de dominio público ou lugares que teñan legal ou administrativamente recoñecido o seu valor paisaxístico, ecolóxico, artístico, histórico ou cultural, ou polos mesmos motivos sexan considerados de especial protección."

Asemade a Fiscalía propón requerir ao Concello de Pontedeume para que, a través do técnico municipal, informe sobre a ocupación do chan destinado a vial por parte do construtor, indicando a superficie ocupada. Tamén se remite un oficio á Delegación Provincial da Consellaría de Urbanismo para que informe ao Xulgado dos feitos denunciados.

Por último, a Fiscalía do TSXG pide se remita á Fiscalía da Coruña as presentes dilixencias así como ao Fiscal Especialista en delincuencia sobre o Patrimonio Histórico e delitos contra a ordenación do territorio


4,83/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O Fiscal do TSXG denuncia unha obra en Pontedeume