Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Merexo en pe de guerra contra Prodemar

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Merexo en pe de guerra contra Prodemar

Merexo en pe de guerra contra Prodemar

Noticia de Camarinas.eu

A imaxe non podía ser máis impactante: todos os que hoxe percorreran o camiño que leva da Praia de Lago a Muxía ao pasar por Merexo verían centos de carteis contra a ampliación da granxa de Prodemar en Merexo, que o alcalde muxián Félix Porto defendeu nas noxas páxinas nunha recente entrevista.

Enviada por roto roto o 16/10/2007 23:59

Nin un só poste telefónico  estaba libre do seu cartel correspondente, nin unha soa parede das casas que bordeaban a carretera carecía da súa pancarta. Merexo daba hoxe a imaxe dun pobo en pe de guerra. Nin un só espacio público librábase da súa anguriante chamada de socorro.A gran maioría dos seus veciños, os cales recentemente manifestábanse en Camariñas con ocasión das xornadas celebradas  na Casa de Pedra sobre acuicultura, entenden que a ampliación de Prodemar traerá consigo a destrucción física da beleza natural da parroquia muxiana, dos seus recursos naturais e de parte sustancial dos da Ría de Camariñas. Preguntado ao respecto por camarinas.eu, Rubén Faraldo director adxunto en Prodemar, deriva responsabilidades cara a Xunta de Galicia ao responder que eles "só constrúen alí onde a administración autonómica llo permite", contando ca autorización correspondente da Xunta. Os veciños, entretanto, culpan directamente ao Alcalde muxián, á conselleira de pesca e ao Presidente da Xunta Touriño. En calquer caso, en Merexo está a piques de estalar unha enconada polémica de grandes proporcións.


4.33/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Merexo en pe de guerra contra Prodemar