Vieiros

Vieiros de meu Perfil


I Evento Internacional de Arte, Redes Sociais e Web 2.0

12 lúas Proxecto Cultural de Arte, Internet e CC organiza o I Evento Internacional de Arte, Redes Sociais e Web 2.0

Enviada por 12luas 12luas o 23/06/2009 20:20

I Evento Internacional de Arte, Redes Sociais e Web 2.0

A iniciativa do segundo ano do proxecto cultural 12 lúas é poñer a andar a tódolas artes e artistas
pola rede. Para isto invitámovos a tod@s a este gran evento da web 2.0.
    1. Requisitos para participar no 1o Evento Internacional de Arte, Redes Sociais e Web 2.0
        1.1 Ter un blog (blogspot, wordpress, etc) na que @ artista amosará os seus traballos.
        1.2 Estar nalgunha das redes sociais (Facebook, Tuenti, hi5, etc) na que impulsará os seus
        traballos como medio de expresión.
        1.3  Dependendo cal sexa o seu medio de expresión deberá figurar en algunha das seguintes
        plataformas: Youtube ou Vimeo no caso do audiovisual. Para aqueles traballos de expresión
        escrita: Scribd ou Issuu. Ou Flickr  tanto na expresión plástica ou no campo fotográfico.
       1.4 Tódolos traballos deben estar rexidos polas Licencias Creative Commons.
    2. Unha vez cumpridos os requisitos deberase mandar a este mail: 12luas@gmail.com os links
        correspondentes para a súa comprobación.
    3. Unha vez comprobados mandaráselle un mail @ artista co logo do evento para que o colgue
        nas respecitvas plataformas e publicarase no blog de 12 lúas http://12luas.blogspot.com
    4. Aquel que teña máis comentarios feitos por usuarios únicos será publicado en tódalas nosas
        redes xunto coa súa obra.
    5. A data límite para participar é o  4 de outubro de 2009.
A intención de este proxecto é amosar as capacidades expositivas e promocionais da rede en canto á
comunidade. Esperamos a vosa participación.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



I Evento Internacional de Arte, Redes Sociais e Web 2.0