Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O desemprego e o calote da economía

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de O desemprego e o calote da economía

O desemprego e o calote da economía

  O gran engano e o calote económico que esta levando adiante o novo Goberno da autonomía, no entanto deixa pasar a mantenta o tempo, e a mellora das políticas de protección ao desemprego non chegan. A xestión serodia das diferentes solucións a prol da mellora das axudas aos parados que esgotaron o paro por cotización, os maiores que aínda non chegan a idade de xubilación, os desempregados de longa duración e con atrancos para acceder ao emprego, coma é o feito das persoas minusválidas.

Enviada por osimon osimon o 26/06/2009 01:29

  O gran engano e o calote económico que esta levando adiante o novo Goberno da autonomía, no entanto deixa pasar a mantenta o tempo e a mellora das políticas de protección ao desemprego, adíanse, para os preto de cincuenta mil desempregados que fican sen paga en Galicia.

Neste senso concordan co Goberno do Estado inzando só promesas, e botando fume, xa que de seguro non pensan que as van cumprir, na nosa autonomía o INEM xira dentro da normativa xeral do estado nacional, aínda é responsabilidade do Goberno Autonómico a xestión e as diferentes solucións a prol da mellora das axudas aos parados que esgotaron o paro por cotización, os maiores que aínda non chegan a idade de xubilación, os desempregados de longa duración e con atrancos para acceder ao emprego coma é o caso das persoas minusválidas.

Cales son as "medidas" que dentro da súa capacidade poderá levar adiante o Goberno Autonómico, pois moitas, coma cadra dar por resoltos os atrancos que na regulamentación restrinxen e limitan o acceso aos subsidios e dificultan o encaixe dos diferentes colectivos.

Unha teimuda falla de boa fe do Estado na situación amosada polos demandantes de emprego e nestes intres coa necesidade dunha axuda, que semella o único ingreso nalgún caso, co pensamento ao chou que non olla a realidade, cando un desempregado colle o paro convertese en unha persoa, no entanto que aínda se autofinancia e segue demandando bens ou servizos, e dese xeito contribúe ao desenvolvemento do mercado afectado nestes intres pola crise económica.

Os maiores prexudicados pola crise, que segundo estudos do Goberno do Estado levara as súas eivas até o fin do ano 2010, os desempregados, son entre outros os esquecidos polas organizacións sindicais, mergulladas en cadansúa loita polo poder, que han plaxiado as maneiras dos gobernos e de cando en vez adoitan botar algunha verba sobre o tema, máis logo xa non se lembran do asunto, feito xa subliñado fai xa un tempo por algúns xornalistas e persoeiros do pensamento progresista.

Estes atrancos no eido de emprego, amosan o baleiro desta política económica no fondo dunha abondosa crise, na que fica o propio Goberno, ao que cumpre engadir a falla dun aparello para o desenvolvemento do rural, a paralización de emprendimentos, os concursos eólicos etc. Esnaquizar o estatuto de autonomía e a política lingüística artellando un atranco onde non o houbera, rexeitando o compromiso co galeguismo, e empregando os seus esforzos no enfrontamento co Goberno do Estado, baseado só na finalidade de choutar ao liderado do seu conxunto político, ao nivel nacional.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: