Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Apreséntase a XXVI Festa da Carballeira

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Apreséntase a XXVI Festa da Carballeira

Apreséntase a XXVI Festa da Carballeira

Un ano máis, os trasnos e fadas da Carballeira de Velar (Zas, Terra de Soneira) reuniranse na noite máxica do primeiro fin de semana de Agosto para escoita-los mellores grupos de música tradicional, que tocarán ó carón do río na tardiña. Despois, pola noite, déixanse enfeitizar polo folque das mellores bandas internacionais. Para acadar esta mestura de feitizo e troula non dubidan en rega-las súas gorxas con brebaxes feitas para a ocasión.

Enviada por beto beto o 18/07/2009 18:03

O cartaz e os grupos

A Festa da Carballeira celebrarase o 1 de agosto continuando a tradición de leva-la mellor música celta do mundo ao anfiteatro natural dunha pequena vila do interior da Costa da Morte. Apresentouse esta sesta feira, 17 de xullo, na Casa do Concello de Zas e as estrelas foron a exposición do debuxo anunciador e a proclamación das bandas participantes.
O deseño do cartaz volveu ser obra do debuxante local Miguel Riveiro. E o agardado compoñente musical do festival repártese así: pola tarde tocarán e bailarán Asociación Cultural Castro Meda (organizadora do festival), Donaire, Maruxía e Ruote; pola noite subirán ao esceario fluvial Tejedor (Asturies), Muthenroi (Galiza), O Sonoro Maxín (Galiza) e Capercaillie (Escocia). A banda escocesa era a grande ausente do folque europeo nas 25 edicións anteriores e Lupe Nieto (presidenta de Castro-Meda) recoñeceu que "se quixeron traer de sempre".

Semana cultural

O alcalde, Lolo Muíño (BNG), anunciou unha semana cultural dende o 25 de jullo ata o 1 de agosto que reunirá actividades de moi diverso tipo parellas ao festival.

Nota medioambiental

A organización da Carballeira, que leva o peso do festival entre membros da A. C. Castro Meda e voluntarios da vila, fixo un chamamento para evita-la presenza de vidro en todo o entorno natural, e dará exemplo retirando tódalas bebidas embotelladas dos seus postos.


Documentos

4,67/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Apreséntase a XXVI Festa da Carballeira