Vieiros

Vieiros de meu Perfil


prótese epéntese paragoxe (ou a enquisa sobre o galego no ensino)

coincido con anxo lorenzo en que a política lingüística desenvolvida ata o momento non deu ningún resultado positivo. a propia enquisa -o feito de facela e o resultado obtido- é proba. mais é co pouco que podo coincidir co secretario xeral.

Enviada por danielovalle88 danielovalle88 o 03/08/2009 21:43

é curioso.
penso que a primeira cousa palpábel que ten feito a xunta de feijóo… digo mal. máis ben a segunda, a primeira foi quitarlle o programa talk show a piñeiro o do supermartes, mais esa é outra historia aínda que moi relacionada con esta.
dicía que a primeira cousa que ten feito esta xunta é engadir unha nova palabra ao idioma castelán. a palabra enquisa.
antes no castelán existía só a palabra encuesta, homóloga de enquisa en galego. enquisa en castelán non é sinónimo de encuesta. como recollerá o próximo drae (diccionario de la real academia española)…
enquisa
(del gallego enquisa) sust. f.s. 1.- Encuesta que se realiza en el ámbito de la enseñanza a los padres de los alumnos ó, en su defecto, a los propios alumnos, para conocer sus preferencias en lo que se refiere a la lengua vehicular en que se imparten las materias.
dicídeme nestas últimas semanas nas que a enquisa de marras foi tema de conversa se non oístes unha e outra vez a palabra enquisa en castelán. que viva se nos amosa a lingua de cervantes!
a nosa lingua nembargantes preocúpame un pouco. velaí van os datos que me chamaron a atención.
só un 58% dos pais tomaron a molestia de contesta-la enquisa.
ao parecer -disto non facilitou datos anxo lorenzo- a participazón foi oi alta no ensino privado e moi baixa no ensino público.
máis da metade dos pais de alumnos de secundaria [12 a 17 anos] non contestaron a enquisa.
máis dun 60% dos pais enquisados se relaciona só en castelán ou case só en castelán cos seus fillos.
unha porcentaxe semellante de pais consideran que o ensino dos seus fillos debe ser en castelán ou maioritariamente en castelán.
eu conclúo.
a maioría dos estudantes cuxos pais cubriron a enquisa teñen un défice de galego -ao non o empregar na casa- mais os seus pais non teñen maior interes en que se corrixa, ao considerar que a formación de seus fillos debe ser en castelán.
[lémbrome dun colexio vasco que hai ben tempodividiu aos seus alumnos sgundo lingua vehicular. os que na súa casa falaban euskera daban clase en castelán e os que na súa casa falaban castelán daban clase en euskera. claro é que  contexto que deu lugar a esa medida de caracter transitorio nunca tivo lugar en galiza]
menos mal que soio son o sesenta por cen do sesenta por cen que cubriu a enquisa… canto é o sesenta por cen do sesenta por cen?
36%
é moito. coincido con anxo lorenzo en que a política lingüística desenvolvida ata o momento non deu ningún resultado positivo. a propia enquisa -o feito de facela e o resultado obtido- é proba. mais é con pouco que podo coincidir co secretario xeral.
e galicia bilingüe?
que di disto?
semella que aínda non se pronunciou.
eu non perdo o tempo en me pronunciar. o ano que vén o meu plano de estudos programa “electrotecnia, luminotecnia y comunicación” vou suxerir á xefatura de estudos da faculdade que faga unha enquisa aos nosos pais, a ver a cantos lles parece ben substituíla por “grandes fitos da historia da televisión de galicia, do Luar ao Padre Casares“, que eu atopo ben máis interesante.

http://paragoxe.wordpress.com


4,38/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: