Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Rádio FilispiM, abre o prazo de presentación de propostas de programas para o curso 2009/2010.

O quinto curso radiofónico, 2009/2010, da radio libre e comunitaria de Trasancos está a piques de comezar. A nova programación comezará a emitirse oficialmente o xoves 1 de outubro de 2009.

Enviada por pequeno-monstro pequeno-monstro o 12/09/2009 14:18

Rádio FilispiM, 93.9 FM (para todo Ferrol e Terra de Trasancos) é unha radio sen ánimo de lucro integrada no terceiro sector da comunicación: o da cidadanía.

PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS.

Para poder realizar o teu programas debes enviar a túa proposta antes do sábado 19 de setembro a filispina@gmail.com.

Se xa es membro do colectivo Opaíí!-Rádio Filispim, lembra que debes ter as cotas ao día, requirimento indispensabel para darlle continuidade a túa proposta radiofónica.

SESIÓN VERMÚ.

Por outra banda o sábado 31 de outubro haberá unha sesión vermú presentación da nova grella, no Ateneo Ferrolán. En breve darémoste máis información desta festa.

VINDEIRA ASEMBLEA.
Por outra banda, a vindeira asemblea preparatoria da tempada de Rádio FilispiM, será o sábado 19 de setembro no Ateneo Ferrolán, coincidindo co fin de prazo de presentación de propostas radiofónicas e aboo de cotas pendentes.

EN REDE.

Este novo curso radiofónico, o colectivo re-editará a colaboración con outras radios de Galiza, Estado e resto do mundo, ao través da difusión de propostas coma Nosotras en el mundo, Mapamundi, o informativo Más Voces ou Marca Branca, entre outros moitos espazos de radios irmás de todo o mundo.

Destacar o intercambio de programas que FilispiM de Ferrol e Rádio Piratona de Vigo comezaron a pasada grella, abrindo un camiño recollido no ideario da REGARLIC, Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias, da que Rádio FilispiM e membra xunto a Radio Kalimera de Compostela, Radio Clavi de Lugo, Cuac FM de A Coruña, Radio Piratona de Vigo e Radio Roncudo de Corme.

Máis info en http://www.opaii.blogspot.com

Participa!!!!!


3,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Rádio FilispiM, 93.9 FM, abre o prazo de presentación de propostas de programas para o curso 2009/2010.