Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Zanguango Teatro na obra El Desahucio

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Zanguango Teatro na obra El Desahucio

Zanguango Teatro na obra El Desahucio

Este grupo de teatro, de Burgos, puxo a nota moi alta no Festival Galego de Cabaré da Coruña

Enviada por Punal Punal o 03/10/2009 17:30

Desbordante de imaxinación e humor, mesturando elementos cotiáns da vida real, con toques surrealistas, e achegues da comedia silente e do musical, e cun traballo actoral excelente, o grupo teatral Zanguango, de Burgos, coa representación do Desafiuzamento puxo unha nota moi alta no IV Festival Galego de Cabaré que se celebra na Coruña.
Creado en 1993, Zanguango Teatro posúe un rico historial escénico que se basea en técnicas de creación colectiva , onde se impón a frescura, a naturalidade e a sorpresa que impoñen catro actores en estado de graza: Begoña Martín, Raúl Camiño, Jorge Arche e Ronsel Cedrún, todos baixo a dirección de Miguel Muñoz, quen logran unha comunicación total co público.
O Desafiuzamento, obra creada no 2006, nárranos a historia de dúas cantantes-bailarinas de shows musicais que pretenden ser expulsadas do lugar onde viven. O executor da orde, un policía, enfróntase a elas e a un cómico arxentino vagabundo. Ao final descobren que a rúa pode ser un bo lugar para o mundo do espectáculo.
Zanguango Teatro, avalado por diversos galardóns como o Premio Max ás artes escénicas de España a mellor espectáculo revelación; Premio da unión de actores de Castela e León á mellor actriz para Begoña Martin Treviño , polo Desafiuzamento,  e Premio do Público X Festival Internacional de Teatro e Artes de Rúa de Valladolid 2009, entre outros, ratifícanos que o teatro verdadeiro é unha experiencia artística que nos enriquece como seres humanos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Zanguango Teatro na obra El Desahucio