Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Recuncan os feitos esgrevios contra-los inmigrantes, no aeroporto de Barallas

  Un cativo de sete anos foi retido, ao longo de dous dias, xunto ao seu pai no espazo do aeroporto de Barallas. O avogado que levou a xestión perante os xulgados, sinalou a fera actitude da autoridade de migración que non respectou a calidade de menor de idade do viaxeiro, e polo que non cumpre considerarlle regular ou non regular, o cativo mailos país, tentaron ingresa-lo país coa finalidade que o neno estivera unha tempada cos seus proxenitores, fora o xuíz quen suspendera a expulsión do viaxeiro e dispuxera axiña a súa liberdade logo de dous días fechado co seu pai na sala de transito do devandito aeroporto. Verbo das eivas no tratamento dos viaxeiros nos aeroportos Españois, mailos feros agoiros pola posíbel vixencia das modificacións, endurecendo a lei de estranxeiría, a Federación de Inmigrantes de El Valles, no país Catalán, puxo pe na estrada e marchara cos seus seareiros polos 700 quilómetros cara á capital do estado.

Enviada por osimon osimon o 05/10/2009 23:08

  Un cativo de sete anos foi retido, ao longo de dous dias, xunto ao seu pai nun espazo do aeroporto de Barallas que ten a finalidade aloxar ás persoas con atrancos na súa documentación ou amosar a condición de inmigrantes irregulares, no intre de ingresar no estado Español canda os seus pais residentes legais nel.

O avogado que levou a xestión perante os xulgados, salientou os feitos e sinalou a fera actitude da autoridade de migración que non respectou a calidade de menor de idade do viaxeiro, polo que non cumpre considerarlle regular ou non regular subliñou, así e todo a autoridade de migracións non entendeu as achegas dos pais ao respecto das razóns da viaxe do neno e considerou os feitos como unha reunificación familiar agochada, sobor do que lle impoñían a obriga de amosar a carta de convite, porén dispoñer o retorno do viaxeiro ao país de orixe.

Segundo o avogado os viaxeiros, o cativo mailos país, tentaron ingresa-lo país coa finalidade que o neno estivera unha tempada cos seus proxenitores, logo do falecemento da súa avoa en Bolivia, polo que tiña o pasaporte en regra e a pasaxe de volta. Logo da xestión diante do xuíz quen suspendera a expulsión do viaxeiro e dispuxera axiña a súa liberdade logo de dous días fechado, co seu proxenitor, na sala de transito do devandito aeroporto.

Persoeiros dos servizos de migracións, destacaron e xustificarán a serodia liberdade do menor a xeito do ben del, e na procura de darlle resgardo e acubillo no seo da súa familia, estas reflexións foran rexeitadas polas asociacións de inmigrantes quen amosan a habitualidade destas inxurias que recuncan no tempo, semellan unha esgrevia realidade e agoiran o perigo que estás practicas sexan o costume e convértanse en acontecementos cotiáns, polo que dirixen súa queixa ao Valedor do Pobo, seica ao Congreso dos Deputados, coa finalidade que as cousas volvan ao rego, desexan regulamentar as cartas convite, mailos dereitos dos menores en transito nos aeroportos do país, mormente cando os seus pais e nais sexan cidadáns españois ou residentes legais no país.

Verbo das eivas no tratamento dos viaxeiros nos aeroportos Españois, mailos feros agoiros pola posíbel vixencia das modificacións endurecendo a lei de estranxeiría, que afectan de xeito discriminatorio e converten en criminais aos traballadores inmigrantes, unha asociación de loita polos dereitos destes colectivos como é a Federación de Inmigrantes de El Valles, no país Catalán, puxo pe na estrada e marchara cos seus seareiros polos 700 quilómetros cara á capital do estado.

Segundo os organizadores desta camiñada que sinalan as eivas, nas novas da lei, que ten en conta ao inmigrante só como unha ferramenta de traballo, e converte en criminais aos ilegais, asemade esixen seren tidos como parte da sociedade na que fican inseridos, aínda salientan o feito esgrevio dunha limpeza étnica arreo, que coa nova lei a meirande deles de orixe latinoamericana poderán ser retidos até 60 dias, namentres se tramita a sentenza de expulsión, nun cárcere carecente das axeitadas condicións para ficar nela unha persoa, o que semella unha aldraxe aos dereitos humanos.


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: