Vieiros

Vieiros de meu Perfil


1º Roteiro O Cebreiro-Triacastela da A.C. Xacarandaina

O vindeiro domingo 22 de novembro de 2009 a Asociación Cultural Xaxarandaina organiza o 1º Roteiro que corresponde coa primeira etapa do Camiño de Santiago de Compostela desde O Cebreiro a Triacastela, 21 km.

Enviada por Patri_Uzal Patri_Uzal o 09/11/2009 14:15

Este ano, co gallo do ano Xacobeo, a Asociación Cultural Xacarandaina propón continuar as súas andainas facendo Camiño. Dividiranse en 7 etapas: O Cebreiro - Triacastela - Sarria - Portomarín - Palas de Rei - Arzúa - Arca - Santiago, distribuídas ao longo de todo o ano, desde O Cebreiro a Santiago de Compostela (153 km.) para poder, deste xeito, alcanzar a Porta Santa da Catedral de Santiago en primavera. Nesta aventura, Xacarandaina xestionará a Acreditación de Peregrino (a Compostela, que se obtén cando fas un mínimo de 100 km camiñando) para cada un dos participantes.

Inclúense diferentes servizos nas distintas etapas, como o transporte de ida e volta desde o Pazo da Ópera da Coruña, visitas culturais, ou a tranquilidade de poder subir de novo o autobús durante as camiñatas no caso de xurdir algún imprevisto.

Desde a Asociación invitamos a todas e todos os que queiran a acompañarnos neste percorrido de grande interese paisaxístico, pasando unha xornada ao aire libre, rodeados de natureza, de vistas espectaculares, dun ambiente excepcional...

Aqueles que queiran acompañar a Xacarandaina nesta viaxe deberán poñerse en contacto coa Asociación para reservar a súa praza antes do 14 de novembro de 2009. O prezo variará segundo sexan socios ou non. Para aqueles que pertenzan á Asociación terán un prezo especial de 15 € e para os non socios será de 18 €, unha grande oportunidade para facerse socio! E para os que realizen todas as etapas, o último autobús será gratis!

De resultar do seu interese a posibilidade de contactar coa Asociación Cultural Xacarandaina para recibir máis información, achegámoslle, o teléfono e correo electrónico da mesma:

  Asociación Cultural Xacarandaina ..................... 981 277 315
  Correo electrónico .......................................... info@xacarandaina.com


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: