Vieiros

Vieiros de meu Perfil


CONFERENCIA: AS NOVAS FACTURAS ELÉCTRICAS

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de CONFERENCIA: AS NOVAS FACTURAS ELÉCTRICAS

CONFERENCIA: AS NOVAS FACTURAS ELÉCTRICAS

O vindeiro venres 20 de novembro de 2009 a Asociación Cultural Xaxarandaina organiza unha coferencia sobre As novas facturas eléctricas.

Enviada por Patri_Uzal Patri_Uzal o 18/11/2009 10:47

O vindeiro venres 20 de novembro de 2009 a Asociación Cultural Xaxarandaina organiza unha coferencia sobre As novas facturas eléctricas a cargo do profesor Julio Aneiros, enxeñeiro técnico industrial eléctrico e profesor asociado do departamento de enxeñería eléctrica da Universidade da Coruña.

A conferencia terá lugar ás 20:00 horas no local da Asociación Cultural Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3. Todos os asistentes terán a posibilidade de resolver as súas dúbidas sobre este tema de actualidade: que é o consumo estimado?, que é a tarifa TUR?, que cambios se notaron nas últimas facturas da luz? Desde Xacarandaina animamos a todas e todos os que queiran información sobre as novas facturas eléctricas a acompañarnos nesta conferencia.

De resultar do seu interese a posibilidade de contactar coa Asociación Cultural Xacarandaina para recibir máis información, achegámoslle, o teléfono e correo electrónico da mesma:

Asociación Cultural Xacarandaina ..................... 981 277 315
Correo electrónico .......................................... info@xacarandaina.com

Agradecéndolle novamente a atención prestada e o interese mostrado polos proxectos da Asociación Cultural Xacarandaina, reciban un atento e afectuoso saúdo.


Documentos

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: