Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Entrega do premio do concurso xogo da natureza de Baía Edicións

Como PREMIO escolleu dúas das obras da natureza máis importantes que temos actualmente en Galicia.

Enviada por Patri_Uzal Patri_Uzal o 07/01/2010 11:41

Con motivo da entrega do PREMIO do concurso XOGO DA NATUREZA que realizou Baía Edicións a través da súa páxina web http://www.baiaedicions.net/ nos meses de novembro e decembro de 2009, a editorial informa de que a gañadora de dito concurso foi Isaura García, residente na Coruña. A entrega do premio realizouse nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña.

Tras a conversa que Baía Edicións mantivo con ela o día da entrega do premio, comentou que a súa participación foi grazas á publicidade que Baía Edicións fixo no AchegArte celebrado o 28 e 29 de novembro de 2009 na Coruña.

Segundo ela mesma comentaba: "As preguntas non eran moi difíciles, pero tiven dúbidas nunha delas". Ao final, a sorte estivo da súa parte e conseguiu o PREMIO tras o sorteo entre todos os acertantes do cuestionario.

Como PREMIO escolleu dúas das obras da natureza máis importantes que temos actualmente en Galicia:
-          Guía das aves de Galicia, de Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López, con ilustracións de Calros Silvar.
-          Guía micolóxica dos ecosistemas galegos, de Marisa Castro Cerceda, Alfredo Justo Fernández, Purificación Lorenzo Castro e Ana Soliño Pérez, con ilustracións de Calros Silvar.

Desde Baía Edicións queremos agradecer a todas as usuarias e usuarios da nosa páxina web http://www.baiaedicions.net/ por participar neste concurso.

De resultar do seu interese a posibilidade de contactar con Baía Edicións para recibir máis información, achegámoslle, o teléfono e correo electrónico da mesma:

Baía Edicións ...........................................  981 174 296           
Correo electrónico ...................................  comercial@baiaedicions.net


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



ENTREGA DO PREMIO DO CONCURSO XOGO DA NATUREZA DE BAÍA EDICIÓNS