Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Román Montesinos: un fotógrafo imaxinativo

Do 11 ao 31 de xaneiro mostrará a súa obra na Universidade da  Coruña e do  5 ao  28 de febreiro , no emblemático  local de Ou Forno, en Lugo

Enviada por Punal Punal o 10/01/2010 17:55

  A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña, ofrécenos, desde o 11 ao 31 de xaneiro, a oportunidade de gozar da exposición fotográfica "Onirismos con certa asepsia", do catedrático da área de Paleontología, Román Montesinos López.Á calidade artística e fotográfica das imaxes de Román, únese a súa desbordante imaxinación, que con humor e retranca , e dunha maneira poética e filosófica, trata os temas máis diversos da realidade, no que el chamou "fotografía conceptual".Nada é banal para Román, e sorprende ver como as súas fotos, nas que emprega os máis variados obxectos para expresar os seus conceptos, móstranos un mundo singular, que nos fai exercitar a mente.Son geólogo especializado na paleontología -di Román- e dou clases na Universidade da Coruña,  por iso estou moi afeito ver cousas que a xente non observa normalmente, evidenciar pequenos detalles, a buscar analogías, comparar, contrastar ideas, etc? é dicir, todo aquilo que é común nunha actividade científica na que a filosofía ten unha gran presenza.O proceso de ver algo, de revelalo, é como un "flashazo". Podes buscar ou podes ver directamente algo dependendo do momento. Son asociacións de ideas, cruces neuronais. faíscas si queres chamarlle así. O instante final é a representación da idea e iso pode resultar, en moitas ocasións, bastante complexo. Neste punto xa interveñen ferramentas, composicións, cámara, obxectivo adecuado...- asegura Román.O humor pode ser un espello distorsionador de situacións, actitudes, filias e fobias da nosa sociedade, e penso que é necesario ser crítico no posible -finaliza.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Román Montesinos: un fotógrafo imaxinativo