Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Entender Castela: Castela vs. España

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Entender Castela: Castela vs. España

Entender Castela: Castela vs. España

Moita xente que vai a castela valora a súa experiencia alí como unha viaxe por un lugar cheo de xenreira contra propios e estranos. Mais cecais compre valorar algúns aspectos para comprender a unha nación tan atacada (cando menos) como a nosa.

Enviada por forza4 forza4 o 29/01/2010 09:36

Veño de ler o artigo de volvebreogan titulado Castela, o reino da ficción , onde relata resumidamente as súas experiencias como estudante universitario galego en Castela.

No seu artigo, fala do autoodio castelán e de como atacan a Galicia, Cataluña, Euscadi, etc..., sen afondar nas posibles causas deste autoodio que o fan explicable e que pode facer a moitos galegos sintonizar coas mentes castelás ata o punto de iniciar unha revolución no mesmo seo castelán.

E...¿en que se basea o autoodio e demáis sentimentos paradoxais casteláns? Pois na exclusión férrea do nacionalismo castelán do proceso de construción nacional español (o mesmo, que, secularmente, se tentou -e se segue a tentar- co resto dos nacionalismos do estado).

Analicémolo máis polo miúdo:

Castela, o primixenio Reino de Castela, é un territorio (segundo a wikipedia galega -a castelá non chega tan aló nesta valoración-) de 150.281 km cadrados, que contaba con 9.521.132 habitantes no 2003 e comprendería 11 provincias repartidas en 3 comunidades autónomas diferentes.

En suma, teríamos que Castela estaría formada polas provincias de Castela e León que non formaran parte do antigo Reino de León, é dicir: Ávila, Burgos, Palencia, Segovia, Soria e Valladolid; pola actual Comunidade de Madrid, e de Castela-A Mancha por: Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara e Toledo.

É dicir, temos que, de cambiarse o entorno autonómico actual, a nova comunidade da Castela unificada concentraría cáseque o 20,70% da poboación total de España; é dicir, Castela sería a España (aproximadamente) o que China ao Mundo: a quinta parte da poboación total.

Como consecuencia do antedito, é o nacionalismo castelán realmente o máis reprimido de todos os do estado: tal é a represión, que mesmo non ocupa este nacionalismo en absoluto nin tan siquera uns poucos segundos nas novas da televisión, nin unha pequena columna en xornais de tirada estatal.

De feito, buscando na rede pode atoparse "Tierra Comunera" que pretende a rehabilitación de Castilla como nación (ou, supoño, mesmo como autonomía) aínda que comete un (aparente) desliz histórico, incluíndo Albacete no carro castelán (cando, históricamente, en principio, pertenceu á rexión murciana).

Sexa coma sexa, con Albacete ou sen Albacete, coma Galicia, coma Asturies, coma Euscadi, e coma Cataluña, Castela merece o seu recoñecemento. Aínda que sexa evidente que o seu poder sería maior, e que unha soa autonomía de 11 provincias podería ser coma un xigante de pes de barro, o mantemento de varias comunidades autónomas, cunha interrelación e coordenación axeitadas, podería devolver, por fin, a carta de natureza que Castela (coma todalas demáis nacións que hoxe se atopan no Estado Español) nunca debeu perder.

Logo de todo isto, ¿segue sendo o mesmo Castela e España?.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Entender Castela: Castela vs. España