Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O calote do voto emigrante

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de O calote do voto emigrante

O calote do voto emigrante

O calote do voto emigrante acada un arranxo xaora. Coa escusa do fraude teima hoxe o partido que amosou noutras datas a meirande actitude progresista ao respecto da emigración, rematar co voto emigrante, os demais no goberno ou a oposición xustifican a continuidade desta maneira de facelo, co que afiúzan a tarefa dos punteiros carrexando papeletas, e profundan a continuidade deste xeito de face-las cousas. Cumpre salientar que a emigración non é só un voto unha ou dúas quendas ao ano, é ter unha representación no goberno e no congreso dos deputados, a quen achegar as súas peticións e botarlle as queixas, acoller as novidades das melloras na súa cidade ou aldea, das que até o de agora pouca ou ningunha é a que acadan, só refachos de cando en vez.

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 30/04/2010 01:00

  O calote do voto emigrante acada un arranxo xaora, que non é a súa desaparición, a democracia é o mellor sistema de goberno que aínda ten os seus erros, abofé sempre será o mellor, feito ben coñecido polos emigrantes nos seus países de destino nos que moitos viviron e padeceron anos baixo a panca das ditaduras sen que por elo o fixeran mellor, máis seguros, nin tiveran unha boa actitude no eido da economía.

Tentan certas persoas converterse na elite privilexiada, a que non emigrou, a que elixe quen vota e quen non vota contra la vontade da maioría dos emigrantes, e deciden seica o fan deixando a marxe aos verdadeiros interesados máis xa que o atranco non lles doe, afondando na problemática acho que hai unha forte diferenza entre as posicións a unha e outra beira do atlántico a posición dos emigrantes dende sudamerica, Arxentina no caso máis salientable, defenden coa razón dos feitos que sinala a historia coa súa pertenza dende os alicerces á nova maila vella democracia galega, polo que dóense dunha clase política que non entende esa simbiose seica os mantén ensarillados e lles nega a representación, ou ser eles os que lles representen no congreso dos deputados así como no autonómico e no goberno de Galicia.

Coa escusa da fraude teima hoxe o partido que amosou noutras datas a meirande actitude progresista ao respecto da emigración, no canto de chegar ao fin da argallada e só permitilo en urna ou no consulado tenta hoxe rematar co voto emigrante, os demais, tanto da, no goberno ou a oposición xustifican a continuidade desta maneira de facelo, co que afiúzan a tarefa dos punteiros carrexando papeletas, e profundan a continuidade deste xeito de face-las cousas co voto da emigración.
 
Cumpre salientar que a emigración non é só un voto unha ou dúas quendas ao ano, velaquí un feixe de cuestións engadidas que fan os atrancos cos que esta sobrevive na persoa dos propios emigrantes, mailos seus devanceiros, os que non desexan rachar co histórico vencello da emigración mailo exilio aos máis sobranceiros fitos da historia do noso país, xa sexa polo medio da lingua ou da cultura da terra nai.

Ao fío do asunto é preciso lembrar a nosa Galicia da emigración como un mesmo país cara a dúas beiras, cuns 300 mil galegos cos seus dereitos a non ficar illados e ter unha representación no goberno e no congreso dos deputados, a quen achegar as súas peticións e botarlle as queixas, acoller as novidades das melloras na súa cidade ou aldea, das que até o de agora pouca ou ningunha é a que acadan, só refachos de cando en vez.

Aínda hai nesta lea verbo do voto emigrante uns espectadores mudos, como se non tiveran dereito a falar, maila carraxe coa que bota-las queixas polo aldraxe e saír ás rúas coa finalidade de evita-lo esquecemento da cuestión, nun país que amosa salientables sinais de pobreza, e pola contra moi podente en odio e resentimento, o sindicalismo que noutro tempo foi valedor dos migrantes o mesmo que arestora xunto á clase política non manifestan coidado a prol do seu benestar xeral, as persoas que fican por baixo dos niveis de pobreza poren o proceso económico salvaxe inzando só unha presenza simbóloxica e de carteis, ao lonxe da realidade dos inmigrantes-emigrantes, esquécense pola mesma banda dos maiores desempregados, os novos que fican na pescuda do seu primeiro traballo, os cinco millóns de parados, dos cales máis dun millón sen paga ningunha.


4,67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: