Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A CIG - Autonómica esixe a dimisión do Conselleiro de Economía por represión sindical e despedimentos na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico

A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, dependente organicamente da Consellería de Economía e Industria, efectuou no día de onte novos despedimentos improcedentes de persoal técnico sen poñelo en coñecemento previo dos representantes sindicais do Comité de Empresa.

Enviada por Bodeus Bodeus o 30/04/2010 22:39

Esta dinámica de despedimentos súmase a outros efectuados trala incorporación de Covadonga Toca como xerente no ano 2009, que foron dictaminados nulos por represión sindical tralo informe da Inspección de Traballo da Seguridade Social. Ditos despedimentos emárcanse nun ambiente de auténtico terror e acoso laboral dende a chegada da actual xerente, posta no cargo polo conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra para adelgazar este ente “custe o que custe”. Esta Fundación acumula xa no xulgado varias denuncias por despedimentos nulos, entre as cales, e de momento, 3 foron falladas a favor. Ademáis foi levada xa varias veces á inspección de traballo (no que consta un informe que pon de manifesto o acoso laboral) non só por acoso laboral senón por persecución sindical. Vez tras vez a xerencia torpedeu o proceso electoral como agora está a torpedear o traballo do actual Comité de Empresa, represaliando especialmente  a esta central sindical que dende o primeiro despedimento denunciou estas actuacións. Á dinámica de despedimentos súmanse os 6 efectuados no día de onte. A política de despedimentos desenvolvida por Covadonga Toca foi criticada reiteradamente polos representantes sindicais da CIG-Autonómica , que agora piden a dimisión do conselleiro de Economía e Industria, responsable último como Presidente da Fundación e coñecedor da situación de nulidade dos despedimentos efectuados con anterioridade e da represión sindical á que están sometidos os representantes dos traballadores. O menosprezo aos representates sindicais e a desinformación foi a tónica dominante en tódalas actuacións desenvolvidas pola xerente dende a súa chegada, feitos que tamén foron denunciados perante a inspección de traballo por este sindicato e comunicados por escrito ao conselleiro de Economía e Industria. Estes feitos son un exemplo máis de como a Xunta de Galiza confía na administración para xestionar a crise, transferindo o diñeiro público cara a contratacións con empresas privadas. Na mentres o resto de países europeos apostan polo I+D+I para saír da crise, en Galiza os xa minguados e recortados orzamentos adicados a este obxectivo acaban por irse día tras día polo desaugadoiro nun continúo goteo de contratos “a dedo” e despedimentos nulos e improcedentes de traballadores e traballadoras, como sucedeu co Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) e a rede de software libre e de fontes abertas (MANCOMÚN), que agora se atopan en mans privadas xestionadas a través de asistencias técnicas e diversas consultoras.


4,11/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: