Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: espazo-protexido

30/Outubro/2009 /

O CES organiza unha andaina pola costa de Con Negro

O Colectivo Ecoloxista do Salnés organiza o sábado 31 de Outubro, unha andaina por un tramo da costa da península de O Grove, na parroquia de San Vicente. A ruta terá comezo no aparcadoiro de Con Negro, ás 10 da mañá. Terá unha duración de aproximadamente 3 horas e rematará na zona do Carreiro. Esta andaina é de balde e está aberta a todo o público que queira disfrutar das vistas e que veña cun calzado apropiado para camiñar.