Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: gases-de-efecto-invernadoiro

24/Outubro/2009 /

Santiago participou no día de acción polo clima convocado pola campaña 350.org

Malia a chuvia e o vento, o 24 pola mañá tivo lugar na Praza do Obradoiro de Compostela unha acción convocada pola asociación ecoloxista Verdegaia como parte do día internacional de acción climática coordenado pola campaña 350.org. As e os participantes construíron sobre o chan da praza un grande 350  e tamén exhibiron un 350 detrás dunha pancarta co lema "Freemos o cambio climático".


23/Outubro/2009 /

Europa atópase nunha encrucillada no camiño cara ao Cumio de Copenhague

Os/as políticos/as europeos/as tomarán esta semana decisións críticas no tocante ao papel que Europa está disposta a representar na loita contra o cambio climático. Amigos da Terra esixe que Europa asuma a súa responsabilidade histórica na crise climática.