Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: siareir-s-galeg-s

5/Decembro/2008 /

Selección nacionais: "dereito e decidir, dereito a competir"

Esta sexta feira o colectivo Siareir@s Galeg@s organiza unha mesa redonda coa directora xeral Marta Souto, Fernando Vázquez, Arsenio Iglesias e José Ramón, entre outros.


7/Outubro/2008 /

Siareir@s Galeg@s recibe ás irmandiñas á súa chegada de Reus

As subcampioas do Mundial de Fútbol Sala fixeron historia, e os afeccionados rendéronlles un pequena homenaxe ao aterrar na Coruña.


26/Maio/2008 /

Outra volta, pola oficialidade das seleccións irmandiñas

O colectivo de seareiros escolleu este ano a cidade de Ourense para desenvolver, en dous días (o 13 e o 14 de xuño) as súas Xornadas Nacionais.


12/Maio/2008 /

Galiza gaña o I Campionato Internacional de Trasancos

Esta fin de semana desenvolvéronse os encontros que xuntaron equipos de fútbol 7 das comunidades emigrantes de Ecuador, Colombia e Uruguai e Galiza.


29/Febreiro/2008 /

Todo listo para o Galiza-Uruguai

A información xusta con todo o que vai pasar hoxe en Ferrol, minuto a minuto, no debut da irmandiña do futsal. Festa, adestramentos, reivindicación e fútbol sala.


26/Febreiro/2008 /

Siareir@s Galeg@s organiza un concerto o día do Galiza-Uruguai de futsal

Fican poucos días para o debut da irmandiña do fútbol sala. Será o histórico 29 de febreiro en Ferrol, e o colectivo de seareiros vai estar alí.


26/Decembro/2007 /

"Se Galiza gozase dunha situación normalizada de país, xogar contra Camerún sería o normal"

Volven saír á rúa o 27-D, pedindo a oficialidade das seleccións deportivas nacionais. Falamos con eles cando xa se fan 11 anos do seu nacemento como colectivo.


9/Novembro/2007 /

"Coa presenza en todas as comarcas do país pódese conseguir o noso obxectivo"

Siareir@s Galeg@s convoca para o vindeiro sábado unha asemblea aberta. Falamos co responsábel comarcal de Compostela sobre as reivindicacións do colectivo.


Siareir@s Galeg@s
29/Marzo/2007 /

Siareir@s Galeg@s aplaude a suspensión dos membros da Federación de fútbol

Espera que a destitución cautelar do presidente federativo sexa definitiva. Ademais, sinálano como o principal responsábel do bloqueo á creación da selección nacional de Galiza.