Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: tv3

17/Agosto/2008 /

Nus en Cataluña

A TV3 presenta un programa no que 23 persoas quitan a roupa diante das cámaras para falar do seu corpo, sen prexuízos.


17/Xaneiro/2008 /

A Generalitat Valenciana dá dez días para que se pechen os reemisores da televisión catalá

Acció Cultural del País Valencià recibiu un ultimato do goberno valenciano baixo a ameaza de abrir expedientes sancionadores.


11/Decembro/2007 /

"Os xornais de Madrid teñen realizado un forte labor de construción da identidade española"

Mompart chama a atención sobre a "trampa" que supón presentar a construción identitaria na periferia como nacionalismo e non facelo coa exercida dende Madrid.


11/Decembro/2007 /

O goberno valenciano pecha o repetidor de TV3 en Alacante

O conseller catalán de Cultura cualifica a decisión, criticada mesmo por deputados populares en Cataluña, de "medida electoralista" do PP e de acto "hostil".


9/Outubro/2007 /

Poderán xogar os cataláns algún día o Mundial?

Nos últimos días moito se falou da posibilidade de que a selección catalá de fútbol xogase un partido a nivel internacional, contra os EUA. Agora segue a polémica e cadaquén opina ao seu xeito.


1/Outubro/2007 /

Parodia da queima de fotos do rei na televisión catalá

Podería o rei ser detido por queimar fotos súas? Mofaríase o monarca da Audiencia Nacional?


23/Agosto/2007 /

Ciutadans fará campaña para que a bandeira española ondee nos concellos galegos

O partido catalán Ciutadans-Partit de la Ciutadania (C's) exhorta aos particulares "a que esixan aos seus consistorios que icen a enseña española xunto coa autonómica".


27/Abril/2007 /

Trescentas persoas evitan a clausura dun reemisor da televisión catalá en Valencia

Un funcionario da Generalitat valenciana e axentes da garda civil tentaron, sen éxito, entrar este venres nas instalacións.