Vieiros

Vieiros de meu (ou rexistrate)
 

Bretaña

Bretaña
    Máis de 200 anos de férreo centralismo non foron quen de diluír por completo a identidade dun pobo, que no entanto ve como cada cambio xeracional varre unha manchea máis de bretonfalantes.

A Bretaña, esgazada en cinco departamentos de dúas rexións francesas diferentes, loita na actualidade pola súa reunificación administrativa, e por maior autonomía nunha Francia que segue sen subscribir aínda a Carta Europea das Linguas Minorizadas, así como dentro da Europa dos Estados.

Francia anexiona a Bretaña en 1532, logo da morte da Duquesa Ana da Bretaña (1477 - 1514), que chegou a ser raíña francesa. Non é até os S.XIX-XX cando o sentimento nacionalista reaxe. O movemento bretonista ou Emsav (do bretón, "Rexurdimento"), que integra de forma non oficial todas as organizacións culturais, lingüísticas e políticas relacionadas coa reivindicación da nación bretoa. Tradicionalmente, este movemento divídese en tres períodos.

O primeiro, o que nace no S.XIX e vai até o ano 1914, cando inicia a Primeira Guerra Mundial. Neste espazo de tempo, fúndase e disolven o Partido Nacionalista Bretón (1911-1914), que reclamaba a autodeterminación, aspiraba ben a un Estado de seu ben á confederación con Francia e ao recoñecemento do bretón como única lingua nacional. Precisamente, varias publicacións en bretón saen do prelo neste tempo.

O segundo Emsav dura até 1945, ano en que finaliza a segunda Gran Guerra. Algúns militantes nacionalistas optan por se aliar coa Resistencia, mais unha boa parte, cos nazis. Ao rematar a contenda, varios destacados activistas son detidos e acusados de colaboracionismo e o nacionalismo entra nun período de inactividade.

O terceiro tivo o seu maior apoxeo nos 60 e 70, coincidindo coa época de contestación social a nivel mundial. Durante eses anos xorde a organización armada Fronte de Liberación da Bretaña, que en 1971 se refunda como Exército Revolucionario Bretón (ARB, nas siglas en francés).

Ao tempo, en 1964, nace o partido Unión Democrática Bretoa (UDB), formación nacionalista que chega até a actualidade e que camiñou nos últimos anos cara a unha postura máis posibilista. Conta cun destacábel apoio social. Ademais, nos oitenta aparecen outras formacións como a independentista e celtista de esquerdas Emgann (1982).

Defensa da lingua bretoa
Mais dentro de todas as correntes políticas existentes, neste país que basea a súa economía no turismo e na industria alimentaria (e a maior potencia pesqueira do Estado e produce o refresco Breizh Cola), coincídese na necesidade de unificar administrativamente a Bretaña e fomentar o uso do bretón.

Malia non contar con recoñecemento oficial por parte do Estado francés, a lingua bretoa -traída por inmigrantes da Gran Bretaña no S.V e que está emparentada co córnico e co galés- conta co apoio dun movemento cultural moi dinámico, amparado pola súa introdución nas escolas.

E aínda que non ten case presenza nos medios de comunicación, é usado diariamente por entre 300 mil e 600 mil persoas, iso si, cada vez menos novas.

Calcúlase que, desde o século IX a súa área lingüística recuou a favor do galó, lingua da familia do francés e do valón, que avanzou dende o interior cara ao occidente, mais que agora está a desaparecer pola presión do francés e pola recuperación de terreo, dende o S. XX, do bretón.

Datos básicos

  • NOME:
    Breizh (Bertaèyn, en galó)
  • XENTILICIO:
    brezhoneg/bretón, bretoa
  • SUPERFICIE:
    34.034 km cadrados
  • POBOACIÓN:
    4.041.000 (2006)
  • REXIÓNS HISTÓRICAS:
    Bro Leon, Bro Dreger, Bro Gernew, Bro Sant-Brieg, Bro Wened, Bro Sant-Maloú, Bro Zol, Bro Roazhon, Bro Naoned
  • DIVISIÓN ADMINISTRATIVA:
    Fisterra, Costas de Armor, Morbihan, Ille e Vilaine (Rexión da Bretaña) e Loira Atlántico (Rexión do País do Loira)
  • CAPITAL:
    Roazhon/Rennes (administrativa); Naoned/Nantes (histórica)
  • OUTRAS CIDADES:
    Brest, Gwened, Sant-Maloù

Política e Economía

  • ESTADO AO QUE PERTENCE:
    República de Francia
  • AUTOGOBERNO:
    Consello Rexional (sen autonomía lexislativa, competencias moi limitadas)
  • PRESIDENTE:
    Jean-Yves Le Drian (PS)
  • PARTIDO DE GOBERNO:
    Coalición electoral PS/PCF/PRG
  • PARTIDOS E ASOCIACIÓNS:
    PS (Partido Socialista francés)
    PCF (Partido Comunista francés)
    PRG (Partido Radical de Esquerda)
    Les Verts: ecoloxistas
    UDB: nacionalista, socialdemócrata, ecoloxista
    UMP | LCR | Lutte Ouvrière | FN | MNR
    Emgann: independentista, socialista, celtista (brazo político do antigo FLB
    Bretagne Reunie: Comité pola unificación administrativa da Bretaña
  • INDUSTRIA:
    Pesca (47% do volume total do Estado), agro e industrias transformadoras dependentes; turismo e sector servizos.

Entrevistas relacionadas

Novas relacionadas

Nacións atlánticas

Álvaro Cunqueiro ou a ollada dun galego sobre a cultura da Bretaña

13:45 18/05/2010 - O presidente da Comisión Breizh-Galiza ofrece esta cuarta feira unha conferencia sobre o intelectual mindoniense na...

Segunda volta das eleccións rexionais francesas

A medra do nacionalismo corso desbanca a dereita do goberno

11:00 22/03/2010 - Autonomistas e independentistas apañan case o 40% dos votos (28%, na primeira volta). O Partido Occitano acada cinco...

Aposta por reforzar os irmandamentos

O Comité Breizh-Galiza publicará as notas da viaxe de Cunqueiro á Bretaña

11:55 08/03/2010 - A asociación propuxo a creación dunha Casa bretoa no noso país -e viceversa-, e mostrouse preocupada polo decreto do...

Europa, Terra de Pobos

300 millóns de anos despois, Bretaña e Galiza seguen unidas

14:30 06/05/2009 - A nosa literatura está inzada de referencias á cultura bretoa. Compartimos mesmo as filloas, e que as paisaxes sexan tan...


Ver Bretaña nun mapa máis grande

Lingua e Cultura

Fotos

Mariñeiro bretón / Autor: Erminig Gwenn As nove comarcas de Breizh / Autor www.geobreizh.com Muller bretoa / Autor: нσвσ Breizh (BZH) / Autor: Rhian_vK Breiz Touch, desfile por París / Autor: Parispassion Pequeno barco coa bandeira bretoa en Paimpol / Autor: HΩMΣR

Todas as fotos | RSS


Fontes e máis información:
Citizendium | Enciclopedia Galega Universal | Encyclopædia Britannica | Eurolang | Eurominority | Europeana | Linguamón | Món Divers | Unión Europea | Wikipedia