Vieiros

Vieiros de meu Perfil


OBRADOIROS

Software libre e blogs

A tarde avanza e isto comeza a animarse. Comezan os obradoiros e os xogos da extranet chegan á súa hora punta.

Redacción - 18:48 14/03/2008
Tags:
O obradoiro de Blogaliza tivo lugar no andar superior

O obradoiro de Blogaliza tivo lugar no andar superior

Ás seis da tarde comezou o obradoiro de creación de blogs en galego mediante Blogaliza, unha comunidade creada por Goretoxo, que se encargou el mesmo de presentar a plataforma e de explicarlles aos non masivos mais si interesados alumnos.

As clases danse no espazo dedicado ao Software Libre, e é que Blogaliza está substentada sobre este tipo de ferramentas. Entre tanto, na extranet continúan os xogos: dende loitas de sumo a cabalgadas sobre un touro mecánico, sen esquecer videoxogos xa case tradicionais como o Guitar Hero.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: