Co estío xa encetado, seguen a chegar ghits que aspiran a ser a canción galega do verán. Esta semana veñen os temas de Paul á sombra, Pito de Pikasso -que están a piques de sacar cedé-, Apoloxía do Miolo, The Bluesomes, Festicultores Troupe e Xan Solo.
Dende este xoves, a web do certame da canción galega do verán introduce unha radio en liña, máis imaxes e vídeos e a posibilidade de compartir e difundir en redes sociais.
Os vixilantes da Praia (Cosmonautas rusos); Por verte sorrir (Hugo Torreiro); Fóra e dentro (Sivaritas); Batume (Jabón Blue); e Pensionistas (Banda Potemkin).