Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08

(10/07/2009) Segue a festa con catro novos temas

Esta fin de semana entran no concurso A polo ghit catro novas cancións. As candidaturas dos Cuchufellos (Spermatofunky), Estrela Negra (Ardendo), Xeomántica (72 latexos) e O sonoro maxin (A catacumbia) pretenden achegarnos ese son do verán que se pode converter na canción galega desta estación de 2009.

Spermatofunky: Cuchufellos volven a A polo ghit con este tema. Spermatofunky está baseado en feitos reais. Moito coidado con darlle ás patacas o veneno das paredes, porque o voso pai pódese mosquear moiiiiiito!

Ardendo: O tema que presenta ao concurso Estrela Negra fala do que pasou no país hai un par de anos, dos lumes que asolagaron Galicia, para que ninguén garde esta parte da historia galega nas páxinas dun diario esquencido porque, e sobre todo neste país, nin esquencemos nin perdoamos.

72 latexos:
A temática é a dor dun amor que marcha e a rapaza recorda eses momentos de tenrura que sentia nos seus brazos, que non tiña medo a nada pero agora... todo desaparece e as bágoas borran todos os doces momentos salgando o momento presente.

A catacumbia:
Non hai verán que sexa tal se non ven coa verbena da man. É o bailar e o celebrar da verbena o que fai que o verán se acomode nos nosos peitos como aquilo do que devecemos o resto do ano. E a verbena ten una soberana absoluta: a Cumbia. Non hai verán sen verbena, non hai verbena sen cumbia. O Sonoro Maxín, ao abeiro desta máxima e co desexo de compartir a súa fogosidade polo baile estival, presenta a "Catacumbia", composición xa clásica do ourensán Óscar Allos e que dá pulo a non deixar os pés quedos e a bater as cadeiras.

Con estes son 38 os temas que concorren a esta verbena virtual. Lembramos que o prazo para recibir cancións péchase o 29 de xullo.

 Comentario(s)

tovarich35
tovarich35 - 11/07/2009 12:37

Coma non se sabe cal é o premio deste concurso e parece que non lle importa a ninguén eu propoño que o gañador se leve un deses Audis que elixiu o propio Feijo na era Fraga e que agora ten a subasta para disimular. Qué vos parece???

FUXANOSVENTOS
FUXANOSVENTOS - 12/07/2009 10:48

Que monten un concerto cos dez grupos mais votados!!

Sunsury
Sunsury - 12/07/2009 05:07

A min pareceme ben o dos audis!

chico
chico - 12/07/2009 06:40

se todo segue así xa temos os cinco favoritos dos votantes: LOLO ARINCÓN, ALUMETES, LABAZADA, S?NEFRES E FACHENDA GALEGA...pero no sabemos nada da opinión do xurado espedcializado...:(

moki
moki - 13/07/2009 02:17

a min gustame moito a idea dún festival APOLOGHIT,cos grupos mais votados.

chouto
chouto - 13/07/2009 03:22

eu casi voto mais por un churrasco como o dos alumetes APOLOCHURRASKO 09 invitando eles os dez grupos mais votados

negrilloh
negrilloh - 13/07/2009 04:17

Un FESTIVAL APOLOGHIT!!!! iso soa moi ben.

gasito
gasito - 13/07/2009 06:08

Festival ApologHit XA!esa organizacióm ke esperte!

okechetrabaoscollons
okechetrabaoscollons - 13/07/2009 08:31

eu case me quedaba cos audis do feijoo, o problema é que non creo que o presuposto dalgún dos grupos que aquí se presente teña carto suficiente para mantelo.. sobre o festival, estaría ben a idea, se a xente non se adicase a facer trampas..

capri
capri - 14/07/2009 09:53

se as bases do concurso permiten que os grupos se voten a si mismos con diferentes contas de correo, non entendo onde está a trampa. outra cousa cuestión e se as bases do concurso no esten ben feitas.e a miña opinión.

tresa
tresa - 14/07/2009 02:31

tmén apoio o do festival,moi boa idea!!!!

okechetrabaoscollons
okechetrabaoscollons - 15/07/2009 04:00

capri, unha cousa é que os membros se voten diariamente, pero que para votarse fagan 50 contas cada un é un pouco así.. que vale, non son trampas, pero tampouco é xusto.. como tampouco que uns grupos entren estean máis tempo ca outros coas contas activas para receber votos. Ti imaxínate que entres a última semana de votacións e fagas 500 votos, pero eu outro levase 8 semanas e fixese 501, xa quedaría por diante túa. Ademais que este ano non se lle está dando nada de publicidade ó concurso, sen concretar o premio, nin nada de nada.. unha pena!

ortigueirarock
ortigueirarock - 15/07/2009 09:44

7 de agosto, ORTIGUEIRA ROCK!!! máis información e grupos confirmados en: www.ortigueirarock.tk este ano contamos coa gran axuda económica de 0 euros por parte da Xunta, Concello de Ortigueira e Deputación, animámosvos a todos a vir!!

Doval
Doval - 15/07/2009 10:09

Só para corazóns sensibeis: http://www.youtube.com/watch?v=EgraGa0P1x0

alvaritoto
alvaritoto - 16/07/2009 01:44

o meu corazon sensible prefire quedarse zapateado en casa ou babeando dediante da tele,aunque sea vendo a Ana rosa quintana.Buaggggggggggggggggg¡¡¡¡¡¡¡¡

capri
capri - 16/07/2009 02:47

okechetrabaoscollons, estou dacordo contigo, a estas alturas xa sabemos que hai varias cousas neste concurso que non est´an nada ben...esperemos que a organizacion decida arranzar ese fallos garrafais que ten o concurso, que por outra parte pareceme unha boa idea.saude

tovarich35
tovarich35 - 17/07/2009 12:17

Carafio Doval, ten boa pinta, alomenos o Félix Arias gostame e se leva ao seu colega Xoel de Deluxe xa nin te conto. Os buaggggs ou vómitos os reservo para a Ana Rosa e os seu orixinais libros.

okechetrabaoscollons
okechetrabaoscollons - 17/07/2009 09:56

que anden con coidado Lolo Arincón, que hai un grupo aí que está remontando a ostia! en menos dunha semana subeu case 400 votos.. e o Lolo estancado nos 2600 e pico.. ollo amigo!

anxelestiv
anxelestiv - 17/07/2009 11:19

Pois, eu non me preocuparía. Os 5 finalistas do votos dos cibernautas xa estan moi claros: LOLO ARINCÓN, ALUMETES, LABAZADA, FACHENDA GALEGA e S?NEFRES. Agora toca esperar polos cinco finalistas que elixa o xurado e coñecer cal e o -misterioso- premio diste ano.

okechetrabaoscollons
okechetrabaoscollons - 17/07/2009 04:36

estou segurísima que vai haber sorpresa, e verás como só acertarás 4 dos que aí dis..

anxelestiv
anxelestiv - 20/07/2009 10:22

pois nada okechetrabaoscollons xa queda pouco...pero só 4 acertos,pareceme poucos...ou e que tes información reservada;)

okechetrabaoscollons
okechetrabaoscollons - 20/07/2009 04:37

a mesmiña que todos e todas vós, eu só miro os votos que suben certos grupos/solitas nos últimos días (a 50-60 votos/día) e os 900 votos que parecían inalcanzables, agora están a tiro de menos dunha semana...

festiseco
festiseco - 27/07/2009 09:15

FESTIVAL DE MUSICA EN VILASECO, NO CONCELLO DE O BOLO ( OURENSE) O SABADO 8 DE AGOSTO, MOITO VIÑO E CERVEXA ACOMPAÑADOS DE XOGOS POPULARES ( bolos celtas, a chave, a rá ) E POLA NOITE DISFRUTA COS SONS DE ULTRACANS E OS CUCHUFELLOS, E SE QUEDAS REVENTADO QUEDATE A DURMIR NA NOSA ZONA DE ACAMPADA