Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
Enerxía equivocada (1)

Enerxía equivocada

por  Magritte
Ref #1
Descargar 0 Votos 35 Fans  Enviar
Magritte é o primeiro proxecto musical conxunto da actriz de teatro Nate Borrajo e do músico e compositor José Lameiras. Magritte preséntase cunha maqueta titulada 'Viaxe á Lúa' no que se inclúen sete canciones compostas música e letra por José Lameiras, quen tamén se encargou de gravar guitarras, voces e batería. A súa achega a esta edición de A Polo Ghit, certame ao que xa concorreran, é Enerxía equivocada.

Na gravación participaron músicos como Jesús Dopazo (guitarras e teclados), Aser Álvarez (batería) e Xurxo Labrador (baixo eléctrico) e o actor e cantante Josito Porto, quen participou activamente nos arranxos vocais. As dez cancións foron gravadas e mesturadas en Xingreira-Estudio, sendo técnico de son Sergio Lameiras. Os arranxos son de Magritte.

A maior parte das cancións de Viaxe á Lúa foron rexistradas en directo no estudio, para captar así un son e unha interpretación fresca e directa. A instrumentación e os arranxos das cancións son sinxelas e concretas deixando en todo momento o primeiro plano para a voz de Nate Borrajo que se amosa cunha voz persoal, sensual e por momentos teatral que encaixa perfectamente coas letras aparentemente sinxelas e irónicas de José Lameiras.

Durante o ano 2009 Magritte dedicarase a presentar esta primeira maqueta polas salas de concertos de Galicia, mentres preparan más cancións novas. Magritte foi seleccionado por Santiago Auserón para formar parte da segunda edición do Coruña Son. As súas cancións soaron recentemente no programa "Disco Grande" de Radio 3.

Letras

levanto a miña cabeza
cun nó de cables
que sacoden a miña preguiza
aturdido por calambres

gravito e son un globo
sempre a punto de estalar

son enerxía equivocada
polo fío condutor
e é unha sensación estraña
ser enerxía equivocada

sentado na túa escaleira
cos teus ollos en fuga
non encontro o xeito
para escapar desta dúbida

son enerxía equivocada
polo fío condutor
e é unha sensación estraña
ser enerxía equivocada

 Comentario(s)

willyfogg
willyfogg - 30/05/2009 08:33

ánimo rapaces!!!!!!!

peaceandlove
peaceandlove - 30/05/2009 08:38

sí, sí, sí, ten o seu punto!

rufusok
rufusok - 01/06/2009 11:14

moito bon

simona
simona - 01/06/2009 03:40

mola

monas
monas - 01/06/2009 07:34

es mellores

aramomos
aramomos - 02/06/2009 05:46

MUASS....para tod@s

charlescharles
charlescharles - 05/06/2009 12:10

veña nenos;)

copenaje
copenaje - 05/06/2009 07:58

gosto, noraboa

lolita
lolita - 05/06/2009 08:22

bonita voz, e pegadiza

gregoriohouse
gregoriohouse - 06/06/2009 12:58

polo de agora e a máis acertada.felicidades

lolita
lolita - 07/06/2009 01:50

ola o meu voto e para vos!...biquiños

tenco
tenco - 07/06/2009 09:28

moi boa canción e moi boa letra e moi boa vocalista

dolorinhas
dolorinhas - 09/06/2009 11:06

os mellores, sen dúbida

elena20
elena20 - 10/06/2009 11:05

noraboa!

ANDREW
ANDREW - 11/06/2009 09:19

non se pode comparar

iguanaricardo
iguanaricardo - 11/06/2009 09:44

por suposto esta canción ten gañar!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

MonSozinho
MonSozinho - 11/06/2009 02:14

Pois a min non te creas que gusta moito. O tema faiseme simplón, quitando un par de arranxos curiosos, pero para gustos colores. Un saudo e moita sorte

crispintos
crispintos - 11/06/2009 06:43

Gustame moito, a voz encantame!!

tinta
tinta - 12/06/2009 09:48

mola!

vksolid
vksolid - 12/06/2009 03:08

vksolid 1 voto para vosotros

starman
starman - 12/06/2009 07:03

un votiño mais;)

Efejotapege
Efejotapege - 12/06/2009 08:02

esta moi ben,va dar que falar, sorte

cansado
cansado - 13/06/2009 10:52

podría gañar, porque non, ten ritmo alegre

kufox
kufox - 13/06/2009 12:18

Joto ya tienes mi voto, suerte y ke ganeis el concurso.

Kandpalleiro
Kandpalleiro - 20/06/2009 07:45

Está ben o tema...pegadizo e alegre

Franl
Franl - 22/06/2009 02:30

Un voto máis dende A Coruña. E moitos bicos. Non paredes de crear.

paulpaul
paulpaul - 30/06/2009 12:49

PARABÉNS!!!

anxelestiv
anxelestiv - 30/06/2009 12:51

sí, sí, sí ;)

carallo
carallo - 04/07/2009 11:43

Que tal Magrite? estades en todas. Un saúdo de La Pelvis.

pitodepikasso
pitodepikasso - 05/07/2009 12:02

XA CHEGOU, XA PODEDES MERCAR KRAKSH!¡! POR 6 € EN COMPOSTELA: DISCOS GONG, BAR LA TAQUILLA, PUB TRASGO, PUB TNT. FORA DE COMPOSTELA MANDAR UN MAIL A pitodepikasso@hotmail.com E ENVIAMOLO POR 3 € MAIS DE GASTOS DE ENVIO.

estebanjikori
estebanjikori - 07/07/2009 07:22

esta canción ten moita personalidade en comparación co resto dos temas. noraboa.

Paulasombra
Paulasombra - 14/07/2009 07:14

Ola somos Paul á sombra e temos unha canción aínda máis comercial ca esta. vide e escoitade!!!

sirgulinho
sirgulinho - 15/07/2009 07:06

Hahahahaha.... é que me parto, é que me troncho, cos de polasombra...

ortigueirarock
ortigueirarock - 15/07/2009 09:45

7 de agosto, ORTIGUEIRA ROCK!!! máis información e grupos confirmados en: www.ortigueirarock.tk este ano contamos coa gran axuda económica de 0 euros por parte da Xunta, Concello de Ortigueira e Deputación, animámosvos a todos a vir!!

salzerda
salzerda - 20/07/2009 08:11

joder temaso e jrupaso!! un orjullo jalejo,jalisia calidade!!

garigolo
garigolo - 27/07/2009 01:35

parabéns,ninguén os fai sombra.

festiseco
festiseco - 27/07/2009 09:23

FESTIVAL DE MUSICA EN VILASECO, NO CONCELLO DE O BOLO ( OURENSE) O SABADO 8 DE AGOSTO, MOITO VIÑO E CERVEXA ACOMPAÑADOS DE XOGOS POPULARES ( bolos celtas, a chave, a rá ) E POLA NOITE DISFRUTA COS SONS DE ULTRACANS E OS CUCHUFELLOS, E SE QUEDAS REVENTADO QUEDATE A DURMIR NA NOSA ZONA DE ACAMPADA

- 11/08/2009 05:47

BANDEIROCK 2009: * TUNGSTENO - HARD ROCK KOMPOSTELA * SEMOS PELIGROSOS - GOSPEL SATANIKO - SIUDAD DEL VATIKANO * MORE, JOTAH AND IZKI - HIP-HOP KOMPOSTELA * RUMBA QUE TE FIXO - GHALICIAN RUMBA - BANDEIRA D.F. * PITO DE PIKASSO - PUNK - ROCK KOMPOSTELA * KAMBOTES - PUNK - ROCK RODEIRO XOVES 20 DE AGOSTO AS 22:00 BANDEIRA - SILLEDA - PONTEVEDRA ENTRADA DE BALDE, TADES TODOS CONVIDADOS