Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
Buá, neeeno (16)

Buá, neeeno

por  Fran Amil
Ref #16
Descargar 0 Votos 20 Fans  Enviar
Cancodrilo Dandí chegou ó campo da festa, para repartir soplamocos entre os pipiolos de nova fornada. Todo o seu Free-style bate nas facianas dos arrichados bailadores que tentan protexer ás súas mozas do acoso do máis temido fendetestas da volta... Se viches a saga de Rocky e amas a Van Damme (inspirador do grupo da súa Orella), terás por faro e guía a figura deste bóxer (non slip, bóxer...) de pelo en peito. Esta é a proposta de Fran Amil para o verán 2009.

Letras

¡BUÁ, NEEENO, BUÁ!
¡BUÁ, NEEENO, BUÁ!
¡BUÁ, NEEENO!

Ti es o máis chulo do barrio;
O azote da festa...
Repartes máis golpes
Que Arguiñano croquetas...

Piños de ferro;
Língua de trapo;
Pelos no peito...
Uppercuts contra o papo...

Moita mandanga...
Moita fritanga...
Polos bochinches
Meneas a tranca...

Buscas pelea...
Repartes a eito...
Toda a basca
Ténche respecto...

¡BUÁ, NEEENO!
¡CUIDADO A ESTRIBOR, QUE AHÍ VEN O BOXEADOR!
¡BUÁ, NEEENO!

Camiseta de cores,
Botas de aceiro;
As tatuaxes
Do Cabo do Medo...

Piños con sarro;
Fétido alentó;
A pel de sapo;
Bruto noxento...


Tes ás pitikis
Nas túas mans...
Aman a forza
Do animal...

Todo coraxe,
Xenrreira e carraxe...
¡AK-47,
Comeza o combate!

¡BUÁ, NEEENO!
¡CUIDADO A ESTRIBOR, QUE AHÍ VEN O BOXEADOR!
¡BUÁ, NEEENO! (bis)

¡Piazo moovie, chorbo!

¡BUÁ, NEEENO!
¡CUIDADO A ESTRIBOR, QUE AHÍ VEN O BOXEADOR!
¡BUÁ, NEEENO! (bis)

 Comentario(s)

DoutorEsweider
DoutorEsweider - 20/06/2009 12:56

Bua neno, quero ser o teu fan, neno! :D

turboneghro
turboneghro - 20/06/2009 02:14

grande amil, coma sempre

nomediodomar
nomediodomar - 20/06/2009 04:49

bu! mi vieja. Amil Sáeste!!! Pero a tua inspiración será Van Damme ou Ban Dinne ;D !!!!

capikaspa
capikaspa - 20/06/2009 07:14

bua, neno, bua, ahi tes o meu voto. Bicos.

Franl
Franl - 21/06/2009 01:26

Bó día a todos e moitas gracias por Supportarme. Non podía menos que apologhitear un ano máis. A mestura do tema, así como o sentidiño o puxo Andrés Teijeiro López. Eu compuxen o tema (Compocuá?) e gravei os estrumentos... pero non fun admitido na Sinfónica Mascalzone... Tentarei o acceso antes de que remate o verán. Moitos bicos a todos e todas as que seguides o Apologhit, pois estades a contribuir á creación de novas músicas que non teñen por novedade amosar que o galego é un gran motor de comunicación, senón que a música feita en Galicia ten interés para moita xente que achégase a estas páxinas para ofrecer a súa opinión e escoitar (ou non) o que fai a xente sen esperar recompensas económicas a cambio. Animádevos e concursade. Máis música, máis música... Que non nos cansemos de expresarnos...

carallo
carallo - 21/06/2009 03:31

¡Fran, neno, Fran! ¡Fran, neno, Fran! ¡Fran, neno! Es grande Fran Sinnata. Un saudo dos psicomuiñeiros. Seguimos sen batera así que o saudo a Likal xa llo darás ti... Recordos para Lord Andrew

magritte_banda
magritte_banda - 22/06/2009 01:43

ola Fran! saudos mañá pasamos e deixamos un voto...xa nos podemos votar máis, apertas...:)

trecola
trecola - 22/06/2009 04:27

que boa a canción ¡¡ que tio chungo ¡¡ sonoros votos e sonoros beijos. sorte ¡¡

Mixigodo
Mixigodo - 22/06/2009 11:55

JOJOJO, que risas a canción. Deixo o meu voto de mañá comprometido con vós!! :D

magritte_banda
magritte_banda - 23/06/2009 10:53

xa dimos o voto!!

lordcheiro
lordcheiro - 23/06/2009 08:19

Vai un voto para este xenio!! Coma un uppercut!!

Franl
Franl - 26/06/2009 06:53

Estiven a ver algúns viedos de Michael Jackson en solitario e cos Jacksons 5. Hoxe a música pop contemporánea perde un gran compositor. Pero, como ven proclaman os diferentes medios, nace un mito. R.I.P.

kaskada
kaskada - 26/06/2009 10:06

Si, hoxe morreu Michael Jackson... pero nace o novo mito de Lolo Al-rincón :D

Franl
Franl - 30/06/2009 02:08

Este venres, 3 de xullo estaremos Os Tres Trebóns tocando no festival Sons da Rapa, en Sabucedo, dentro dos actos da festa da Rapa das Bestas. Tocaremos con Os Chiquilicuatres e con Som do Galpom. Festa asegurada...

Franl
Franl - 30/06/2009 02:09

O Sábado, 4 de xullo, Ulträqäns e Os Tres Trebóns tocaremos no XVI Festival do Río Castro, en Naraío. Acampada de balde. Estades convidades a unha grande canfurnada.

el_fary
el_fary - 05/07/2009 05:08

menuda mierda

Franl
Franl - 10/07/2009 05:57

Sábado, 11, concerto dos Ulträqäns na Kerrika Taberna, en Barallobre. Música ata ficar cansos. el_fary tamén está convidado... muac, muac.

Franl
Franl - 14/07/2009 01:57

Venres, 17 de xullo: Os Tres Trebóns tocaremos no parque de Santa Margarita (A Coruña), dentro do concerto Vai de Camiño 2009. Tamén actuarán Taru e os paxaros coiro, Galegoz e Siniestro Total. É decir, un festón para pasalo en grande. Estades todos e todas convidadas. É de balde.

carallo
carallo - 14/07/2009 07:42

La Pelvis. De nada meu. Ti chegaches antes a isto, ata que ti non toques diante de 1 millon de persoas non o faremos nos. un abrazo.

Casanova
Casanova - 29/07/2009 03:48

Grande Amil!! : )

festiseco
festiseco - 29/07/2009 04:16

FESTIVAL DE MUSICA EN VILASECO, NO CONCELLO DE O BOLO ( OURENSE) O SABADO 8 DE AGOSTO, MOITO VIÑO E CERVEXA ACOMPAÑADOS DE XOGOS POPULARES ( bolos celtas, a chave, a rá ) E POLA NOITE DISFRUTA COS SONS DE ULTRACANS E OS CUCHUFELLOS, E SE QUEDAS REVENTADO QUEDATE A DURMIR NA NOSA ZONA DE ACAMPADA

Franl
Franl - 10/08/2009 02:48

Espectacular concerto o de este sábado pasado, en Vilaseco. Parabéns á organización que tanto entusiasmo puxo en organizar todos os actos dun día de festa impresionante con xogos, concerto, acampada e moi bó ambente. Ulträqäns agradecemos toda a atención que recibimos e o esforzo dun pobo que fixo unha festa espectacular. Ademáis, o enclave no que tivo lugar a festa é magnífico e recomendamos vehementemente a visita ao concello de O Bolo, onde poderedes gozar da natureza nun paraxe privilexiado. Imprescindible achegarse ata o Santuario das Ermidas. E se pode ser pola noite, para solazarse coa maravilla do macizo central e o río que canta no seu percorrido... Moitas gracias, Vilaseco. Moitas gracias, Cuchufellos. Foi un privilexio compartir unha xornada tan fermosa con vós. Bicazos mil.