Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
Ranchinchancha (18)

Ranchinchancha

por  Ulträqäns
Ref #18
Descargar 0 Votos 19 Fans  Enviar
Un ano máis, Ulträqäns tenta acadar o éxito do verán cun tema instrumental. Nesta ocasión, cunha canción, Ranchinchancha que é unha brincadeira mesiánica dos Highlanders Pangalaicos; unha mutación cibertrónica dos tempos do Bisturí Electroacústico; un alarido ulträqänico para escorregar os fríos das invernías pretéritas. Ulträqäns é un comando músico-dogger en evolución constante. O virtuosismo inexistente nunha diáspora de garrapateas deslabazadas cun único obxectivo: facer bailar ata facer lume nos callos da People... Ulträqäns non teñen contraindicacións médicas... Tampouco todo o contrario..

Letras

Tema instrumental.

 Comentario(s)

turboneghro
turboneghro - 20/06/2009 02:15

temazo!

nomediodomar
nomediodomar - 20/06/2009 04:54

Eses AndToon, A1000 e Tyn8!!!

capikaspa
capikaspa - 20/06/2009 07:17

unha aperta, qäns do demo.

Franl
Franl - 22/06/2009 02:34

Antónidas... queremos un orco teu... (o teu clube de frans de Monte Outo)

Franl
Franl - 22/06/2009 02:34

Non entendo que queredes decir coa letra...

Franl
Franl - 22/06/2009 02:35

Ah, perdón... Acabo de decatarme que falades en binario... Como o ano pasado... Ceros, uns, ceros, uns... (chruap, chruap, flushh)

trecola
trecola - 22/06/2009 05:00

encántame ¡¡¡ ademais esta é máis fácil de bailar que a do ano pasado. beijos a todos os ulträqäns dunha ultracadela. sorte¡¡

kaskada
kaskada - 24/06/2009 12:51

A letra é preciosa :D

Franl
Franl - 30/06/2009 02:06

Este sábado, día 4 de xullo, Ulträqäns e Trebóns no XVI Festival do Río Castro, en Naraío. Zona de acampada. Vémonos alí...

diogos
diogos - 30/06/2009 02:08

boa canción mas o baixo podía facer algo máis :-D

Franl
Franl - 30/06/2009 02:11

Eso, eso , o baixista sempre toca poucas notas. É un cómodo... Que toque máis ou... fora do grupo...

diogos
diogos - 01/07/2009 08:48

O problema é que o baixista vai cunha farta de raxo que nin diola

maceirax
maceirax - 03/07/2009 01:55

Aí vai outro voto ao cesto! A seguir transcendendo as barreiras do que todos considerábamos simplemente cánido!

olizinho
olizinho - 03/07/2009 10:53

ala, já votei, e isso que o baixo é feio feio que doe, mas bom, nem toda a banda vai ser boa :P

diogos
diogos - 13/07/2009 01:03

olizinho, sempre pode contratalos para a boda

beto
beto - 16/07/2009 03:27

o 'lobby' chuceiro ataca Vieiros :D

miguelou
miguelou - 16/07/2009 06:26

chanchocracia e palleirismo full flavour!! :D

raxozorza
raxozorza - 16/07/2009 10:11

Veña chuceir@s!!! YES WE ULTRA-QAN!! :D Obrigado muchachos, estou emosionado! :p

festiseco
festiseco - 29/07/2009 04:18

FESTIVAL DE MUSICA EN VILASECO, NO CONCELLO DE O BOLO ( OURENSE) O SABADO 8 DE AGOSTO, MOITO VIÑO E CERVEXA ACOMPAÑADOS DE XOGOS POPULARES ( bolos celtas, a chave, a rá ) E POLA NOITE DISFRUTA COS SONS DE ULTRACANS E OS CUCHUFELLOS, E SE QUEDAS REVENTADO QUEDATE A DURMIR NA NOSA ZONA DE ACAMPADA

magnummare
magnummare - 04/08/2009 01:51

Anda!!! unha canción chuceira!! XD XD Mágoa que hoxe xa dei o meu voto... mais voltarei!! ;)

Franl
Franl - 10/08/2009 02:47

Espectacular concerto o de este sábado pasado, en Vilaseco. Parabéns á organización que tanto entusiasmo puxo en organizar todos os actos dun día de festa impresionante con xogos, concerto, acampada e moi bó ambente. Ulträqäns agradecemos toda a atención que recibimos e o esforzo dun pobo que fixo unha festa espectacular. Ademáis, o enclave no que tivo lugar a festa é magnífico e recomendamos vehementemente a visita ao concello de O Bolo, onde poderedes gozar da natureza nun paraxe privilexiado. Imprescindible achegarse ata o Santuario das Ermidas. E se pode ser pola noite, para solazarse coa maravilla do macizo central e o río que canta no seu percorrido... Moitas gracias, Vilaseco. Moitas gracias, Cuchufellos. Foi un privilexio compartir unha xornada tan fermosa con vós. Bicazos mil.